Guia docente 2023_24
Facultade de Comunicación
Máster Universitario en Dirección de Arte en Publicidade
 Materias
  Creación publicitaria para medios audiovisuais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación Defensa oral da proposta de campaña exposta como principal exercicio da materia; así como a resolución doutros estudos de caso analizados nas sesións de seminario, de ser o caso 30 A4
B2
B4
B5
C1
C13
Resolución de problemas e/ou exercicios Creación dunha campaña publicitaria de carácter audiovisual (vídeo e radio) para un determinado anunciante e/ou produto. Valorarase a documentación xustificativa presentada, a adecuación ás necesidades e obxectivos do cliente e a orixinalidade da idea proposta. 30 B1
B2
B4
B5
C1
C7
C9
C13
C14
Estudo de casos Análise de casos de campañas publicitarias audiovisuais e propostas 30 B1
B5
C13
D1
D4
Observación sistemática 10 B4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

OUTRAS INDICACIÓNS PARA A AVALIACIÓN CONTÍNUA

- É necesario aprobar cada un dos traballos propostos para superar a materia, cunha nota mínima do 50%. De non ser así, o/a estudante terá un suspenso na materia.

- Na segunda oportunidade terase en conta o mesmo sistema de avaliación e os criterios establecidos para a primeira oportunidade, pero os traballos realizaranse de forma individual.

- A asistencia á materia é obrigatoria. Tomarase nota da asistencia das estudantes a todas as sesións. Aquelas/os que teñan un 50% ou máis de faltas de asistencia non serán avaliados/as.

- As faltas de asistencia deberán ser xustificadas no momento (no período dun máximo dunha semana desde que se produzan) e non se aceptarán se estas se producen ao final do cuadrimestre.

- Non serán avaliados os traballos entregados fóra da data establecida.

INDICACIÓNS DA AVALIACIÓN GLOBAL

- O sistema de avaliación global aplícase ás estudantes que de forma expresa renuncien ao sistema de avaliación continua, que é o sistema recomendado para cursar esta materia.

- Esta renuncia deberá facerse no primeiro mes de docencia da materia, seguindo as indicacións do protocolo aprobado na Xunta de Facultade de Comunicación e logo de ser informada a docente.

- O sistema de avaliación global estará composto por un exame oficial de carácter teórico (40%) e a elaboración dun traballo que supón un dossier escrito (30%) e unha presentación oral (30%), que se realizará de forma individual. Este traballo consistirá na creación dunha campaña publicitaria de carácter audiovisual (vídeo e radio) para un determinado anunciante e/ou produto. Valorarase a documentación xustificativa presentada, a adecuación ás necesidades e obxectivos do cliente e a orixinalidade da idea proposta.

- Deberán aprobarse cada un dos tres exames por separado para poder superar a materia.

- Os exames de avaliación global só se realizarán na data oficial aprobada polo centro.

- O traballo non se recollerá fóra dese día oficial.

- Non se ofrecerán sesións de tutorización que consistan na explicación de contidos teóricos ou prácticos vistos nas sesións presenciais.

- Non se ofrecerá material adicional ao incorporado na plataforma de teledocencia Moovi para aquelas/os estudantes que renuncien ao sistema de avaliación continua.

Outros aspectos a ter en conta

Esta materia impártese en modo PRESENCIAL, polo que é deber do alumnado asistir ás sesións docentes no horario establecido polo centro.

Como xa se indicou ao explicar o sistema de avaliación continua, en todas as sesións tomarase nota dos membros asistentes (Folla de asinaturas indicando nome, DNI e sinatura).

Esta normativa é aplicable a todos os alumnos e alumnas matriculados nesta materia, SEN EXCEPCIÓN.

A guía docente presenta o enfoque xeral da asignatura. Por motivos de extensión e debido á imposibilidade de subir documentación complementaria na plataforma Docnet, os detalles máis concretos sobre o sistema de avaliación global xestionaranse en tempo e forma a través da plataforma Moovi.

Todo o non contemplado e/ou detallado expresamente nesta guía será regulado polas indicacións do Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado (Aprobado no claustro do 18 de abril de 2023). Dispoñible en: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/show/565
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000