Educational guide 2023_24
Facultade de Comunicación
Máster Universitario en Dirección de Arte en Publicidade
 Materias
  Fotografía publicitaria
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo Proxecto de fotografía I 40 A1
B1
B2
B4
B6
C6
C11
D1
D4
Traballo Proxecto de fotografia II 40 A1
B1
B2
B4
B6
C6
C11
D1
D4
Observación sistemática Asistencia e particpación en clase 20 A1
A2
B2
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN CONTINUA 

Para aprobar a materia o alumnado debe entregar os 2 traballos nas datas indicadas polos docentes. Aquelas prácticas non entregadas o día indicado sen causa xustificada (causas recollidas o regulamento sobre avaliación, cualificación e calidade da docencia aprobadas no claustro do 18 de abril de 2023), consideraranse suspensas e o alumno deberá entregalas na convocatoria de segunda oportunidade.

Cada un dos traballos prácticos valorarase sobre un máximo de 10 puntos e supón o 40% da avaliación da materia. É necesario obter unha cualificación mínima do 50% (5 puntos) en cada un dos traballos para aprobar esta parte. Unha vez publicadas as notas provisionais de cada práctica o docente fixará a súa data de revisión, unha vez transcorridas a nota considérase definitiva. 

A asistencia é obrigatoria, aqueles alumnos que teñan faltas de asistencia sen xustificar non poderán ser avaliados e constarán como suspenso nesta parte e terán que ir á convocatoria de segunda oportunidade. A asistencia e participación nas sesións supón o 20% da nota. 

Requisitos para superar a materia 

 -Ter aprobados todos os traballos prácticos 

 -Asistencia e participación en clase 

 A nota final é o resultado das prácticas, non se poderá aprobar a materia con algunha parte suspensa. 

 SEGUNDA OPORTUNIDADE 

 O día oficial do exame o alumno deberá entregar aqueles traballos que teña suspensos. Cada un dos traballos prácticos valorarase sobre un máximo de 10 puntos e supón o 40% da avaliación da materia.

É necesario obter unha cualificación mínima do 50% (5 puntos) en cada un dos traballos para aprobar esta parte.

A nota final é o resultado das prácticas, non se poderá aprobar a materia con algunha parte suspensa. 

 AVALIACIÓN GLOBAL 

 O alumnado deberá informar o docente sobre a súa renuncia ao sistema de avaliación continua no prazo establecido polo centro para tal fin, achegando cuberto e asinado (por ambas as partes, alumno e docente) o documento habilitado. Fóra do prazo previsto polo centro o alumnado non poderá acollerse a este sistema de avaliación.

A proba de avaliación global realizarase na data e horario previstos polo centro no calendario de exames oficial. 

 O alumno deberá superar todas e cada unha das probas de avaliación previstas que se detallan a continuación obtendo unha puntuación mínima de 5 puntos en cada unha delas, en caso contrario non será avaliado e a materia estará suspensa.

Dada a extensión das probas o alumnado que se acolla a avaliación global deberá dispoñer de 4 horas para a realización das mesmas a partir da hora oficial de inicio do exame da materia segundo o calendario oficial. 

 Descrición das probas 

Proba 1. Exame teórico. Realizarase o exame teórico. O exame ten un valor do 40% sobre o total da nota sendo preciso obter unha cualificación mínima de 5 puntos para aprobar esta parte. Unha cualificación inferior non servirá como media coas outras probas. 

Proba 2. Traballos prácticos. Facer entrega dos dous traballos propostos polos docentes. O conxunto dos traballos (2) ten un valor do 30% sobre o total da cualificación. Debe obterse unha cualificación mínima de 5 puntos en cada un dos traballos para superar esta parte. Unha cualificación inferior non servirá como media coas outras probas. Os traballos serán entregados na data e horario do exame. O detalle dos contidos dos traballos, metodoloxías e criterios de avaliación serán facilitados aos estudantes de avaliación global unha vez finalizado o prazo de renuncia expresa á avaliación continua. 

Proba 3. Actividade práctica. Tras a elaboración do exame os estudantes deberán realizar actividades prácticas semellantes ás realizadas polos alumnos de avaliación continua, empregando os mesmos recursos e equipamentos empregados por estes. A proba durará un máximo de dúas horas desde o comezo da mesma. O detalle das probas así como os criterios de avaliación será remitido ao alumnado nun prazo non superior a un mes desde a renuncia efectiva a súa avaliación continua. A selección de actividades prácticas, no seu conxunto, ten un peso do 30% sobre o total da cualificación sendo preciso obter unha cualificación mínima de 5 puntos para aprobar esta parte. Unha cualificación inferior non servirá como media coas outras probas. 

 Resumo das probas e porcentaxe de valoración: 

 Proba 1. Exame. Valoración do 40% sobre o total da nota. 

 Proba 2. Traballos prácticos. Valoración do 30% sobre o total da nota. 

 Proba 3. Actividades prácticas. Valoración do 30% sobre o total da nota. 

 Os estudantes deberán obter unha cualificación mínima de 5 puntos en todas as probas.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000