Guia docente 2023_24
Facultad de Comunicación
Máster Universitario en Dirección de Arte en Publicidade
 Materias
  Deseño gráfico
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo Creación dun proxecto de identidade corporativa gráfica 25 A2
A5
B1
B6
C1
C6
C7
C9
C10
C15
D3
D4
Traballo Desenvolvemento dun manual de identidade corporativa gráfica 25 A2
A5
B1
B6
C1
C6
C7
C9
C10
C15
D3
D4
Traballo Deseño dunha tipografía 25 A2
A5
B1
B6
C1
C6
C7
C9
C10
C15
D3
D4
Traballo Creación dun proxecto editorial 25 A2
A5
B1
B6
C1
C6
C7
C9
C10
C15
D3
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

EVALUACIÓN CONTINUA

Para aprobar a materia o alumnado debe entregar os 4 traballos nas datas indicadas polo docente. Aquelas prácticas non entregadas na data indicada sen causa xustificada (causas recollidas o regulamento sobre evaluación, calificación e calidade da docencia aprobadas no claustro do 18 de abril de 2023), se considerarán suspensas e o alumno deberá entregalas na convocatoria de segunda oportunidade.

Cada un dos traballos prácticos se valorará sobre un máximo de 10 puntos e supón o 25% da evaluación da materia. É necesario obter unha cualificación mínima do 50% (5 puntos) en cada un dos traballos para aprobar. Unha vez publicadas as notas provisionais de cada práctica o docente fixará a súa data de revisión, unha vez transcorrida a nota considérase definitiva.

A asistencia é obrigatoria, aqueles alumnos que teñan faltas de asistencia sen xustificar non poderán ser avaliados e constarán como suspenso e terán que ir á convocatoria de segunda oportunidade.

Requisitos para superar a materia

- Ter aprobados todos o traballos prácticos

- Asistencia a clase

 A nota final é o resultado das prácticas, non se poderá aprobar a materia con algunha parte suspensa.

 

SEGUNDA OPORTUNIDADE

Na data oficial do exame o alumno deberá entregar aqueles traballos que teña suspensos. Cada un dos traballos prácticos se valorará sobre un máximo de 10 puntos e supón o 25% da evaluación da materia. 

É necesario obter unha cualificación mínima do 50% (5 puntos) en cada un dos traballos para aprobar esta parte.

A nota final é o resultado das prácticas, non se poderá aprobar a materia con algunha parte suspensa.


EVALUACIÓN GLOBAL

O alumnado deberá informar ao docente sobre a súa renuncia ao sistema de evaluación continua no prazo establecido polo centro para tal fin, achegando cuberto e asinado (por ambas as partes, alumno e docente) o documento habilitado. Fóra do prazo previsto polo centro o alumnado non poderá acollerse a este sistema de evaluación.

A proba de evaluación global se realizará na data e horario previstos polo centro no calendario de exames oficial.

O alumno deberá superar todas e cada unha das probas de evaluación previstas que se detallan a continuación obtendo unha puntuación mínima de 5 puntos en cada unha delas, en caso contrario non será avaliado e a materia estará suspensa.

Dada a extensión das probas o alumnado que se acolla a evaluación global deberá dispor de 4 horas para a realización das mesmas a partir da hora oficial de inicio do exame da materia segundo o calendario oficial. 

Descripción das probas 

Proba 1. Exame teórico. Se realizará un exame teórico. O exame ten un valor do 40% sobre o total da nota sendo preciso obter unha cualificación mínima de 5 puntos para aprobar esta parte. Unha cualificación inferior non servirá como media coas outras probas. 

Proba 2. Traballos prácticos. Facer entrega do catro traballos propostos polos docentes. O conxunto dos traballos (4) ten un valor do 30% sobre o total da cualificación. Debe obterse unha cualificaciónn mínima de 5 puntos en cada un dos traballos para superar esta parte. Unha cualificación inferior non servirá como media coas outras probas. Os traballos serán entregados na data e horario do exame. O detalle dos contidos dos traballos, metodoloxías e criterios de evaluación serán facilitados aos estudantes de evaluación global unha vez finalizado o prazo de renuncia expresa á evaluación continua. 

Proba 3. Actividade práctica. Tras a elaboración do exame os estudantes deberán realizar actividades prácticas semellantes ás realizadas polos alumnos de evaluación continua, empregando os mesmos recursos e equipamentos empregados por estes. A proba durará un máximo de dúas horas desde o comezo da mesma. O detalle das probas así como os criterios de evaluación será remitido ao alumnado nun prazo non superior a un mes desde a renuncia efectiva a súa evaluación continua. A selección de actividades prácticas, no seu conxunto, ten un peso do 30% sobre o total da cualificación sendo preciso obter unha cualificación mínima de 5 puntos para aprobar esta parte. Unha cualificación inferior non servirá como media coas outras probas. 

Resumo das probas e porcentaxe de valoración:

Proba 1. Exame. Valoración do 40% sobre o total da nota. 

Proba 2. Traballos prácticos. Valoración do 30% sobre o total da nota. 

Proba 3. Actividades prácticas. Valoración do 30% sobre o total da nota. 

Os estudantes deberán obter unha cualificación mínima de 5 puntos en todas as probas.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000