A materia Tendencias contextualiza a contorna e achega unha visión panorámica do contexto en que ten lugar a actividade publicitaria. Para un experto en comunicación e, en concreto, para un director de arte, é fundamental estar ao tanto do que sucede no espazo e tempo concretos. Tanto o aquí e agora; agora concreto, como a previsión do que sucederá no futuro, a todos os niveis: local, nacional e global.
Tendencias analiza o contexto para proporcionar orientación, inspiración e enfoque. Por unha banda, a nivel máis xeral, revisa as principais tendencias sociais, económicas, ambientais, legais, culturais e tecnolóxicas.
Por outro, a un nivel máis concreto, analiza as tendencias que afectan directamente ao mercado publicitario a distintos niveis: desde ferramentas de comunicación (redes, influencers, big data DOOH, RTB ou podcast, p.ex), a targets (Xene Z, Millenials, Seniors, tribos, etc…) pasando por tendencias do mundo laboral, o consumo, os medios ou as novas tecnoloxías (5G, VR, IA, Internet of things, etc…).
Tendencias é por iso unha materia transversal, conectada con todas as materias do Máster e que permite ao alumno entender os aspectos da macro e microentorno que debe ter en conta para a súa desempeño laboral.
Materia do programa English Friendly. Os/ as estudantes internacionais
poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o
seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións
en inglés.