Guia docente 2012_13
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Máster Universitario en Dirección de Arte en Publicidade
 Resultados de Formación e Aprendizaxe


Sinale A Código Resultados de Formación e Aprendizaxe Específicas
  A1 Dotar os estudantes da formación e instrumentos necesarios para o desempeño competente de actividades de carácter profesional vinculadas á creatividade publicitaria.
  A2 Formar profesionais capacitados para desenvolver unha actividade que lles permita asumir un compromiso coa realidade contemporánea desde o respecto aos valores democráticos.
  A3 Formar profesionais capacitados para desenvolver a actividade publicitaria desde o respecto aos dereitos fundamentais dos homes e mulleres que viven nunha sociedade de consumo e salientando aqueles aspectos relativos aos principios da igualdade de xénero.
  A4 Desenvolver a capacidade para construír e planificar discursos propios da comunicación publicitaria para a elaboración de campañas comunicativas, adecuando as estratexias e as mensaxes aos obxectivos establecidos e aos diferentes públicos.
  A5 Fomentar a capacidade analítica, crítica e reflexiva en relación á creatividade publicitaria, cun coñecemento teórico, técnico e estético sobre o panorama actual e as novas tendencias da dirección de arte en publicidade.
  A6 Desenvolver a capacidade de exercer o quefacer comunicativo cunha conduta ética, garantindo co traballo creativo a capacidade para fomentar a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, a accesibilidade universal e os valores democráticos no marco dunha conciencia de responsabilidade social e cultural.
  A7 Coñecemento da dirección de arte en publicidade como unha disciplina profesional autónoma.
  A8 Coñecemento das técnicas e procesos creativos publicitarios, tanto a nivel teórico como práctico.
  A9 Coñecemento e identificación de recursos, elementos, métodos e procedementos utilizados en todo proceso de creatividade publicitaria.
  A10 Capacidade teórico-práctica na creación, elaboración e desenvolvemento dun orixinal publicitario no marco dunha estratexia corporativa global.
  A11 Coñecementos básicos para situar a actividade publicitaria nun contexto de competencia local, nacional e internacional, incidindo na importancia das técnicas creativas como un activo publicitario diferencial.
  A12 Capacidade e habilidade para crear e desenvolver ideas de proxectos no ámbito publicitario.
  A13 Capacidade para concibir, producir e deseñar mensaxes creativas eficaces no marco dunha estratexia publicitaria.
  A14 Capacidade para escribir textos publicitarios con fluidez, e adecuación ás necesidades creativas dunha mensaxe.
  A15 Capacidade de adaptarse ás esixencias creativas dos clientes que requiren a contratación dun servizo publicitario.
  A16 Capacidade para adaptar unha mensaxe publicitaria aos seus distintos públicos.
  A17 Capacidade para adaptar un orixinal publicitario ás necesidades creativas e de produción de cada un dos medios publicitarios.
  A18 Capacidade para analizar campañas publicitarias desde un punto de vista crítico, atendendo aos parámetros básicos da análise creativa publicitario, considerando as mensaxes icónicas como textos e produtos das condicións sociopolíticas e culturais dunha época histórica determinada.
  A19 Capacidade para coordinar equipos e liderar a creación de campañas publicitarias desde o punto de vista creativo.
  A20 Habilidade lingüística para expoñer de forma adecuada o seu traballo académico, tanto de xeito oral como escrito e/ou por medios audiovisuais e informáticos conforme aos canons das disciplinas das ciencias da comunicación.
  A21 Coñecementos das diferentes teorías do deseño, a imaxe e a creatividade publicitaria.
  A22 Capacidade para crear e desenvolver contidos e proxectos innovadores que poidan contribuír ao coñecemento ou desenvolvemento das linguaxes publicitarias, así como á súa interpretación.
  A23 Capacidade para percibir criticamente a sucesión de tendencias creativas que ofrece o universo publicitario que nos rodea, onde as historias e os relatos son froito dunha sociedade determinada, produto dunhas condicións sociopolíticas e culturais dunha época histórica concreta.
Sinale B Código Resultados de Formación e Aprendizaxe Transversais
  B1 Capacidade de adaptación aos cambios e novos medios do mercado publicitario.
  B2 Capacidade de traballar de forma autónoma como creativo publicitario (nas súas máis diversas acepcións) unha vez finalizado e superado o curso de posgrao.
  B3 Capacidade para asumir riscos temáticos e ideas innovadoras na fase de creación e desenvolvemento de contidos publicitarios para distintos medios e soportes.
  B4 Práctica sistemática de autoavaliación crítica de resultados: valoración da importancia de corrixir os erros cometidos no proceso creativo.
  B5 Habilidade para a organización e temporalización das tarefas de cara a cumprir os prazos de entrega dos orixinais de acordo cunha estratexia publicitaria determinada.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000