Guia docente 2019_20
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Máster Universitario en Dirección de Arte en Publicidade
 Materias
  Produción Publicitaria en Medios non Convencionais
   Competencias
Código Descrición Tipoloxía
CE8 Coñecemento das técnicas e procesos creativos publicitarios, tanto a nivel teórico como práctico.
  • saber
CE9 Coñecemento e identificación de recursos, elementos, métodos e procedementos utilizados en todo proceso de creatividade publicitaria.
  • saber
CE10 Capacidade teórico-práctica na creación, elaboración e desenvolvemento dun orixinal publicitario no marco dunha estratexia corporativa global.
  • saber
CE11 Coñecementos básicos para situar a actividade publicitaria nun contexto de competencia local, nacional e internacional, incidindo na importancia das técnicas creativas como un activo publicitario diferencial.
  • saber facer
CE12 Capacidade e habilidade para crear e desenvolver ideas de proxectos no ámbito publicitario.
  • saber facer
CE13 Capacidade para concibir, producir e deseñar mensaxes creativas eficaces no marco dunha estratexia publicitaria.
  • saber facer
CE15 Capacidade de adaptarse ás esixencias creativas dos clientes que requiren a contratación dun servizo publicitario.
  • saber facer
CE16 Capacidade para adaptar unha mensaxe publicitaria aos seus distintos públicos.
  • saber facer
CE17 Capacidade para adaptar un orixinal publicitario ás necesidades creativas e de produción de cada un dos medios publicitarios.
  • saber facer
CE18 Capacidade para analizar campañas publicitarias desde un punto de vista crítico, atendendo aos parámetros básicos da análise creativa publicitario, considerando as mensaxes icónicas como textos e produtos das condicións sociopolíticas e culturais dunha época histórica determinada.
  • saber facer
CE22 Capacidade para crear e desenvolver contidos e proxectos innovadores que poidan contribuír ao coñecemento ou desenvolvemento das linguaxes publicitarias, así como á súa interpretación.
  • saber facer
CE23 Capacidade para percibir criticamente a sucesión de tendencias creativas que ofrece o universo publicitario que nos rodea, onde as historias e os relatos son froito dunha sociedade determinada, produto dunhas condicións sociopolíticas e culturais dunha época histórica concreta.
  • saber facer
CT3 Capacidade para asumir riscos temáticos e ideas innovadoras na fase de creación e desenvolvemento de contidos publicitarios para distintos medios e soportes.
  • Saber estar / ser
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000