Guia docente 2023_24
Facultade de Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Comunicación de crise
   Resultados previstos na materia
Resultados previstos na materia Resultados de Formación e Aprendizaxe
Diferenciar as funcións convencionais dun departamento de comunicación daquelas que deben establecerse en situacións extraordinarias ou de crises C14
Analizar a contorna mediática e social para detectar os problemas comunicativos que poidan xerar crises nas organizacións B3
Identificar e describir as estratexias de comunicación adecuadas para a resolución de procesos de crises en empresas e institucións C9
Deseñar e aplicar un plan de comunicación de crise coas estratexias de comunicación adecuadas ás necesidades de empresas e institucións tendo en conta a imaxe corporativa e a reputación dese organismo C12
C14
D2
Controlar os resultados da aplicación dun plan de comunicación de crise tendo en conta aos diferentes públicos C9
Demostrar capacidade de análise, síntese e xuízo crítico A4
Demostrar preparación para asumir o risco na toma de decisións D6
Demostrar capacidade para traballar en equipo en situacións de crises D3
Xestionar o tempo eficazmente, con habilidade para a organización de tarefas mesmo en situacións de crises con prazos limitados ou incontrolables D4
Asumir o liderado en situacións de crises atendendo prioritariamente aos principios de responsabilidade social D5
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000