Guia docente 2023_24
Facultade de Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Campañas de imaxe e de relacións públicas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Estudo e análise de campañas reais de imaxe e RRPP. 35 C9
Traballo tutelado Deseño e desenvolvemento de campañas de imaxe e RRPP. 35 D2
D3
D6
Seminario Explicacións teóricas e exercicios prácticos sobre campañas de imaxe e RRPP. 30 C9
D2
D3
D6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. Para a superación da
materia co sistema de avaliación continua arriba descrito
, será necesaria a entrega, presentación e
exposición de todos os traballos e exercicios, obtendo unha cualificación
mínima de aprobado (5) en cada un deles, e seguindo os temas, prazos e
condicións establecidas polo equipo docente. Ademais, será obrigatoria a
asistencia ás clases (só se permitirán un máximo de 2 faltas sen xustificar en
todo o cuadrimestre).

2. No caso de que o alumnado
queira optar á avaliación global deberá presentar a súa renuncia á avaliación
continua
dentro do prazo
e seguindo o procedemento establecido polo centro.

3. Descrición da avaliación
globa
l:

Na data oficial establecida polo
centro para o exame final, o alumnado deberá:

- Realizar un exame teórico,
definido polo equipo docente (60% da nota)

- Resolver un suposto práctico, definido polo equipo docente (20% da nota)

- Entregar un traballo
consistente na análise dunha campaña real de imaxe e RRPP, definida polo equipo
docente (10% da nota)

- Presentar
un exercicio que inclúa o deseño e desenvolvemento dunha campaña de imaxe e RRPP, definida
polo equipo docente (10% da nota)

Obtendo a cualificación mínima de
aprobado (5) en todos e cada un deles.

4. O proceso de avaliación en
segunda oportunidade
será
igual ao establecido para a avaliación global.

5. A información sobre as
probas de avaliación
, o
seu formato, extensión, datas e canles de entrega será detallada nas clases e a
través da plataforma Moovi. É responsabilidade do alumnado estar atento á
información que sexa precisa para superar a materia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000