Guia docente 2023_24
Facultade de Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Dirección de comunicación
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Obradoiro Nos obradoiros de habilidades profesionais e directivas proporanse tarefas que se resolverán de xeito individual baixo as indicacións e supervisión da docente e se entregarán nun único documento. Este documento, entregado en tempo e forma, será avaliado en función da súa calidade. 18 A2
C14
D4
D5
Traballo tutelado Avaliación do traballo grupal, entregado en tempo e forma a través de Moovi. Tódolos/as integrantes de cada grupo deberán subir o traballo ao espazo habilitado en Moovi para poder ser avaliados/as. Se algún alumno/a non entrega o traballo na plataforma, non será avaliado/a aínda que o seu nome figure nun traballo grupal entregado por outros/as compañeiros/as. 34 C12
C14
D3
D5
D6
Resolución de problemas Esta actividade, que se desenvolverá de xeito grupal, evaluarase en función da calidade da entrega realizada polo alumnado en tempo e forma a través da plataforma Moovi. Todo o estudantado integrante de cada grupo deberá subir a actividade á plataforma para poder ser avaliado/a. Se algún alumno/a non entrega a tarefa na plataforma, non será avaliado/a aínda que o seu nome figure na tarefa grupal entregada por outros/as compañeiros/as. 12 A2
C12
C14
Exame de preguntas obxectivas Trátase dunha proba para avaliación das competencias adquiridas, que inclúe preguntas pechadas con dúas alternativas de resposta (verdadeiro/falso).
Valorarase o nivel de comprensión dos conceptos esenciais das materia e o grao de profundidade dos coñecementos.
36 C1
C4
C14
D6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN CONTINUA:

Para superar a materia na modalidade de avaliación continua será necesario obter unha puntuación total mínima de 5 puntos entre as catro actividades avaliables.

O alumnado que non supere a materia na primeira edición, terá a opción de facelo na edición de recuperación (xullo), volvendo a entregar aquelas tarefas non entregadas ao longo do cuadrimestre ou nas que non obtivera unha cualificación satisfactoria. Tamén poderá repetir o exame tipo test, coa finalidade de acadar entre tódolos elementos avaliables a puntuación mínima esixida (5 puntos). No caso de que non se presente algunha tarefa ou non se repita o exame tipo test, entenderase que o alumno/a desexa conservar a cualificación obtida na primeira edición para dito elemento avaliable.

O alumnado que non supere a materia  na segunda edición deberá cursala novamente, adaptándose á guía docente que estea vixente no curso en cuestión, e, polo tanto, non conservará ningunha das cualificacións obtidas no presente curso.


AVALIACIÓN GLOBAL:

O alumnado que opte polo procedemento de avaliación global contará con dous elementos de avaliación:

1. Proba tipo test sobre os contidos teóricos da materia na data oficial do exame da materia. Valoración máxima: 3,6 puntos.

2. Proba de tipo práctico na data oficial do exame. Valoración máxima: 6,4 puntos.

Para superar a materia será necesario:

- Obter unha puntuación mínima de 1 punto na proba tipo test.

- Obter unha puntuación mínima de 3 puntos na proba práctica.

- Obter unha puntuación total mínima de 5 puntos.

O alumnado que non supere a materia na primeira edición, terá a opción de facelo na edición de recuperación (xullo). O alumnado que o desexe poderá conservar a cualificación obtida na primeira edición na proba tipo test ou na proba práctica, sempre e cando sexa igual ou superior ao mínimo establecido. Igualmente, deberá cumprir o requisito de sumar unha puntuación mínima de 5 puntos para superar a materia.

O alumnado que non supere a materia na segunda edición deberá cursala novamente, adaptándose á guía docente que estea vixente no curso en cuestión, e, polo tanto, non conservará ningunha das cualificacións obtidas no presente curso.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000