Guia docente 2025_26
Facultade de Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Dirección de comunicación
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Obradoiro Avaliación da asistencia e participación nas sesións dedicadas aos obradoiros e da memoria das actividades realizadas na aula, que deberá ser entregada a través de Moovi en tempo e forma e será valorada en función da súa calidade. A asistencia ás sesións dedicadas a esta tarefa é obrigatoria, polo que as faltas non xustificadas suporán unha penalización na cualificación. No caso de faltas xustificadas, a docente proporá unha vía para posibilitar a recuperación da puntuación. Na modalidade de avaliación global este elemento de avaliación substituirase por unha pregunta de tipo práctico na proba final de avaliación. 15 A2
C14
D4
D5
Traballo tutelado Avaliación do proxecto grupal entregado e presentado en tempo e forma a través de Moovi. Tódolos/as integrantes de cada grupo deberán subir o traballo ao espazo habilitado en Moovi para poder ser avaliados/as. Se algún alumno/a non entrega o traballo na plataforma, non será avaliado/a aínda que o seu nome figure nun traballo grupal entregado por outros/as compañeiros/as. A asistencia ás sesións dedicadas a esta tarefa é obrigatoria, polo que as faltas non xustificadas suporán unha penalización na cualificación. No caso de faltas xustificadas, a docente proporá unha vía para posibilitar a recuperación da puntuación.
Na modalidade de avaliación global este elemento de avaliación substituirase por unha pregunta de tipo práctico na proba final de avaliación.
30 C12
C14
D3
D5
D6
Traballo tutelado Avaliación do traballo grupal entregado e presentado en tempo e forma. A asistencia ás sesións dedicadas a esta tarefa é obrigatoria, polo que as faltas non xustificadas suporán unha penalización na cualificación. No caso de faltas xustificadas, a docente proporá unha vía para posibilitar a recuperación da puntuación. Na modalidade de avaliación global este elemento de avaliación substituirase por unha pregunta de tipo práctico na proba final de avaliación. 15
Exame de preguntas obxectivas Trátase dunha proba para avaliación das competencias adquiridas, que inclúe preguntas pechadas.
Valorarase o nivel de comprensión dos conceptos esenciais das materia e o grao de profundidade dos coñecementos.
40 C1
C4
C14
D6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN CONTINUA:

Para superar a materia na modalidade de avaliación continua será necesario obter unha puntuación total mínima de 5 puntos entre as catro actividades avaliables. O alumnado que non supere a materia na primeira edición, terá a opción de facelo na edición de recuperación (xullo); para cada unha das catro actividades avaliables deberá decidir se conserva a cualificación obtida na convocatoria de xaneiro ou se a recupera, dacordo coas seguintes indicacións:
- Exame de preguntas obxectivas: na covocatoria de xullo realizarase un novo exame, de similares características ao da convocatorias de xaneiro.
- Obradoiros: dado que as actividades desenvoltas na aula non se poden repetir, substituiranse por unha pregunta de desenvolvemento de tipo práctico o día do exame.
- Traballos tutelados: darase a opción de que se entreguen novamente os traballos tutelados, neste caso elaborados de xeito individual.

No caso de que non se presente algunha tarefa ou non se repita o exame tipo test, entenderase que o alumno/a desexa conservar a cualificación obtida na primeira edición para dito elemento avaliable.

O alumnado que non supere a materia  na segunda edición deberá cursala novamente, adaptándose á guía docente que estea vixente no curso en cuestión, e, polo tanto, non conservará ningunha das cualificacións obtidas no presente curso.


AVALIACIÓN GLOBAL:

O alumnado que opte polo procedemento de avaliación global contará con dous elementos de avaliación:

1. Proba tipo test sobre os contidos teóricos da materia na data oficial do exame da materia. Valoración máxima: 4 puntos.

2. Proba de tipo práctico na data oficial do exame. Valoración máxima: 6 puntos.

Para superar a materia será necesario:

- Obter unha puntuación mínima de 1 punto na proba tipo test.

- Obter unha puntuación total mínima de 5 puntos.

O alumnado que non supere a materia na primeira edición, terá a opción de facelo na edición de recuperación (xullo). O alumnado que o desexe poderá conservar a cualificación obtida na primeira edición na proba tipo test ou na proba práctica, sempre e cando sexa igual ou superior ao mínimo establecido. Igualmente, deberá cumprir o requisito de sumar unha puntuación mínima de 5 puntos para superar a materia.

O alumnado que non supere a materia na segunda edición deberá cursala novamente, adaptándose á guía docente que estea vixente no curso en cuestión, e, polo tanto, non conservará ningunha das cualificacións obtidas no presente curso.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000