Guia docente 2023_24
Facultad de Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Dirección de comunicación
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividade encamiñada a tomar contacto co alumnado e presentar a materia. Recoméndase especialmente a asistencia a esta actividade, que terá lugar durante a primeira hora de docencia, para poder entender correctamente o funcionamento da materia.
Lección maxistral Exposición por parte da docente, con apoio de presentacións e materiais bibliográficos, dos contidos teóricos contemplados no programa da materia.
Obradoiro Actividades enfocadas á adquisición de coñecementos procedimentais e habilidades profesionais e directivas, con asesoramento específico por parte da docente nas actividades que desenvolve o estudantado.
Traballo tutelado Actividades enfocadas á elaboración tutelada dun traballo grupal con asesoramento específico por parte da docente durante as sesións prácticas dedicadas á súa execución.
Resolución de problemas Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia para resolver polo alumnado de forma grupal co asesoramento da docente nas sesións prácticas dedicadas a tal efecto.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000