Guia docente 2023_24
Facultade de Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Avaliación da eficacia publicitaria
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Asistencia e aproveitamento das sesións de seminario. 10 B3
C1
C2
C9
C15
D3
Obradoiro Desenvolvemento de traballos e proxectos específicos. Deberá poñerse en marcha traballo na aula pero tamén traballo autónomo en grupos. 25 B3
C1
C2
C9
C15
D3
Aprendizaxe baseado en proxectos Realización de actividades que permitan aos alumnos/as, traballando en equipo, a realizar proxectos e resolver problemas abertos. Permiten adestrar, entre outras, as capacidades de aprendizaxe en cooperación, de liderado, de organización, de comunicación e de fortalecemento das relacións persoais. 25 B3
C1
C2
C8
C9
C15
D3
Exame de preguntas obxectivas Exame final sobre os contidos das materias. Durante o curso podense realizar probas obxectivas avaliables.
40 B3
C1
C2
C9
C15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN CONTINUA

A materia levarase a cabo por avaliación continua, mediante un conxunto de probas ou actividades realizadas ao longo do período formativo que permitan valorar o progreso de cada estudante ao longo de devandito período, debendo superar todos os exercicios teórico e/ou prácticos que leven a cabo durante o curso.

Ao longo do curso realizaranse probas e traballos teóricos e prácticos que permitan, ao tempo que coa súa participación activa, adquirir ao alumnado os coñecementos para superar a materia. Aquelas persoas que teñan pendente algunha proba teórico/práctica poderán superala cunha proba final a realizar na mesma data e hora oficial do exame global. O profesorado tamén poderá acordar previamente a realización dalgunha tarefa e/ou entrega dun traballo para superar a parte práctica da materia.

Os casos prácticos exporanse ao comezo das sesións prácticas, onde se resolverán as dúbidas e preguntas do alumno/a. Toda a clase ten a obriga de subir os seus traballos a Moovi. A entrega dos casos prácticos será sempre a mesma para todas as alumnas/vos, podéndose facer ao finalizar a clase.

CONTROL DE ASISTENCIA

A asistencia as clases prácticas é obrigatoria. O profesorado pasará lista de cando en vez da asistencia a clases teóricas, de xeito aleatorio, coa finalidade de comprobar o aproveitamento e participación do alumnado que, de ser o caso deberá xustificar as faltas de asistencia ante o profesorado da materia unha semana despois da súa ausencia. Aqueles alumnos/as que teñan 3 faltas de asistencia sen xustificar entenderanse como Non Presentados na primeira convocatoria.

AVALIACIÓN GLOBAL

O alumnado que opte polo sistema de avaliación global deberá informar ao docente coordinador da materia da súa renuncia expresa ao sistema de avaliación continua no prazo e procedemento establecido polo centro para tal fin. Non se admitirá ningún cambio dos sistema de avaliación con posterioridade a data marcada polo centro.

O exame ou proba de avaliación global está destinado ao alumnado que renuncie á avaliación continua e consistirá nun exame teórico (40%), realización e presentación dun traballo relacionado co contido da materia e previamente acordado co docente (30%) que deberá entregar antes da data fixada no calendario oficial de exames, así como a resolución de exercicios ou actividades prácticas (30%) que valoren a adquisición das competencias

2ª OPORTUNIDADE

A superación da materia na 2ª oportunidade, tanto para as/os alumnas/os de avaliación continua como de avaliación global, consistirá nun exame ou proba coas mesmas condicións da establecida no parágrafo anterior, é dicir, exame teórico (40%), exercicios prácticos (30%) e traballo práctico persoal (30%).

A proba de avaliación correspondente á convocatoria de fin de carreira realizarase mediante o mesmo sistema e baremo co establecido para a proba de 2ª oportunidade.   

Non se contempla a realización de ningunha proba de avaliación oral e tampouco, en ningún caso, se reservan notas -teóricas ou prácticas- para a segunda oportunidade ou seguinte curso.

TITORÍAS

As marcadas nesta guía e as que informe o profesorado en clase e na plataforma Moovi.

É responsabilidade do alumnado estar atento as referencias e indicacións de clase e ao material que se aporte na plataforma Moovi: información sobre probas, materiais de estudo, apuntamentos, ...

O alumnado disporá de 48 horas para revisións e ccorrección de erros unha vez publicadas as cualificacións provisionais, dándose por definitivas a partir de entón.

No non especificado, seguiranse as directrices do Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia aprobado no claustro da UVigo.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000