Guia docente 2015_16
Facultad de CC. Sociales y de la Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Avaliación da eficacia publicitaria
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminarios Asistencia e aproveitamento das sesións de seminario. 0 A3
B2
B3
C1
C2
C3
C4
C5
C9
C10
C12
C15
D1
D2
D3
D4
D5
D6
Obradoiros Desenvolvemento de traballos e proxectos específicos. Deberá poñerse en marcha traballo na aula pero tamén traballo autónomo en grupos. 80 A3
B2
B3
C1
C2
C3
C4
C5
C9
C10
C12
C15
D1
D2
D3
D4
D5
D6
Probas de tipo test Exame final sobre os contidos das materias. 20 A3
B2
B3
C1
C2
C3
C4
C5
C9
C10
C12
C15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
NORMATIVA DE
AVALIACIÓN DA MATERIA
CURSO 2013-2014

1. DA NATUREZA DA MATERIA

1.1. A materia Avaliación
da Eficacia Publicitaria 
está incluída no plan de estudios da Grao en
Publicidade e Relacións Públicas como unha materia de carácter obrigatorio para
tódolos alumnos que pretenda conquerir ó mencionado título.

1.2. Esta materia impártese
en réxime PRESENCIAL polo que é deber dos estudiantes asistir ás
sesións docentes prácticas e teóricas e de seminario no horario establecido
polo centro.

2. DOS BAREMOS DE AVALIACIÓN DA MATERIA

2.1. O sistema de
avaliación da materia, como se explica no programa da mesma, realízase
atendendo a tres factores:

a) Superar a parte
práctica
, coa realización das actividades programadas

b) Superar a parte
teórica
, mediante un exame escrito que se realizará na data sinalada
polo centro.

c) asistencia e
participación do alumnado nas clases teóricas e prácticas.

2.2. Para superar a parte
práctica 
deberán realizarse as actividades programadas en tempo e
forma e sempre baixo a supervisión docente. Ditas actividades realizaranse en
grupo 
e poñeranse en marcha nas sesións de obradoiros e seminarios. Estas actividades valoraranse sobre un máximo de 8 puntos.

2.3. Para superar a parte
teórica
 os alumnos deberán superar un exame escrito individual sobre
os contidos teóricos que se impartan na aula e que están recollidos nun programa facilitado a comezo de cada curso. Este exame
valorarase sobre un máximo de 2 puntos.

2.4. asistencia a
clase é unha condición obrigada para poder se avaliado. Aqueles alumnos que non
asistan ás clases prácticas e de seminario constarán como SUSPENSOS na
parte práctica.

2.5. avaliación
final 
da materia realizarase aplicando a seguinte distribución:

a) Teoría. Puntuación Máxima 8
puntos/ Porcentaxe da nota 80%

b) Práctica. Puntuación Máxima 2
puntos / Porcentaxe da nota 20%

c) Asistencia. Non puntua específicamente. Non se fará media a aqueles alumnos e alumnas que non a cumpran. 



 É requisito indispensable obter un mínimo
da metade dos puntos en cada unha das partes.

2.6. Ademáis dos parámetros de avaliación referidos, durante todo o curso tanto na sesións de teoría, de práctica como de seminario poñeranse en marcha actividades de aula que poderán ser compensadas con puntos adicionais (bonus). Ditos puntos adicionais seránlle sumados a nota final do alumno/a na parte práctica. Estes puntos adicionais non serán tidos en conta para o calculo referido no apartado 2.5. 

3. DA PARTE PRÁCTICA

3.1. Cada unha das
actividades da parte práctica será valorada cunha puntuación máxima
que lle será comunicada ó alumnado antes de realizar a mesma.

3.2. Tódalas actividades
prácticas realizaranse nas sesións prácticas que están
programadas nos horarios de docencia da materia. Isto non evitará que, nalgúns
casos, os alumnos teñan que cumprimentar os seus traballos fora da aula. En
calquera caso, será labor do docente tentar que os alumnos saquen o máximo
rendemento desas sesións.

3.3. Cada unha das
actividades da parte práctica terá unha asignación de horas prácticas que
lle será comunicado ó alumnado antes de realizar a mesma.

3.2. Tódolos membros do grupo
de prácticas
 recibirán a mesma cualificación agás naqueles casos en
que un membro do equipo se ausente dalgunha sesión práctica sen causa
xustificada.



No caso de ter faltas de asistencia á prácticas
aplicarase o seguinte baremo: a puntuación total acadada polo grupo será
dividida polo número de horas prácticas que lle son asignadas
a esa actividade e multiplicarase polas horas de asistencia coas que conste o
alumno:

Exemplo: A actividade
X
 ten unha puntuación máxima de 3 puntos e deberá ser realizada en 4
sesións prácticas (4 horas). OGrupo Y conseguiu 2 puntos neste
traballo. Dos seus cinco membros un alumno Z faltou a 1 sesión
práctica: 2 puntos divididos entre 4 sesións = 0,5 puntos por sesión.
Cualificación do alumno Z = 1,5 puntos. Cualificación do resto do grupo = 2
puntos.

4. DO CONTROL DE ASISTENCIA

4.1. control de
asistencia
 do alumnado farase tendo en conta un elemento:

a) En tódalas sesións
prácticas e de seminario 
tomarase nota dos membros dos grupos
asistentes

4.2. A intención do
control de asistencia non é penalizar os non asistentes senón premiar a
constancia dos alumnos que existen regularmente a clase. Por esta
razón os estudantes que cumpran este requisito veranse eximidos das condicións
recollidas no apartado 2.5. e poderán superar a materia sen
ter que chegar a un mínimo da metade dos puntos no exame teórico. Esta
posibilidade non será aplicable no caso daqueles estudantes
que non cheguen a un mínimo de 3,5 puntos sobre 10 no exame teórico.

4.3. Durante todo o
semestre tan só será posible realizar DÚAS xustificacións
da falta de asistencia
, que deberá ser realizada mediante a presentación do
correspondente xustificante médico ou laboral. A decisión de admisión do mesmo
dependerá do docente.

5. DA CONVOCATORIA DE XULLO / EXTRAORDINARIA

5.1. sistema de
avaliación
 para as convocatoria de xullo e extraordinaria é exactamente
igual que o de febreiro/xuño, é dicir, sonlle aplicados os baremos recollidos
no apartado 2.

5.2. Obsérvanse as
seguintes particularidades:

a) Os alumnos que teñan superada
a parte práctica
 na convocatoria de xuño/febreiro e conten coa asistencia
completa
 perosuspendan o exame teórico e como resultado,
suspendan a materia tan só terán que superar o exame teórico na convocatoria de
xullo dese mesmo curso académico. Se en xullo non superaran a materia, no
seguinte curso académico terían que cumprimentar de novo tódolos pasos do
apartado 2.

b) Os alumnos que teñan superada
a parte práctica 
na convocatoria de febreiro/xuño e teñan a asistencia
incompleta
 esuspendan o exame teórico e como resultado,
suspendan a materia terán que superar o exame teórico na convocatoria de xullo
dese mesmo curso académico e presentar, no prazo establecido, o traballo
especial de compensación de asistencia
. Se en xullo non superaran a
materia, no seguinte curso académico terían que cumprimentar de novo tódolos
pasos do apartado 2.

c) Os alumnos que suspendan
a parte práctica 
na convocatoria de febreiro/xuño conten a asistencia
completa
, e suspendan o exame teórico e, como resultado,
suspendan a materia terán que superar o exame teórico na convocatoria de xullo
dese mesmo curso académico e presentar, no prazo establecido, os traballos
correspondentes á parte práctica da materia. Se en xullo non superaran a
materia, no seguinte curso académico terían que cumprimentar de novo tódolos
pasos do apartado 2.

d) Os alumnos que suspendan
ou non fagan a parte práctica 
na convocatoria de febreiro/xuño teñan asistencia
incompleta ou nula 
suspendan o exame teórico e,
como resultado, suspendan a materia, terán que superar o exame teórico na
convocatoria de xullo dese mesmo curso académico, ademais de presentar, no
prazo establecido, os traballos correspondentes á parte práctica da materia e o traballo
especial de compensación de asistencia. 
Se en xullo non superaran a
materia, no seguinte curso académico terían que cumprimentar de novo tódolos
pasos do apartado 2.

e) Os alumnos que suspendan
ou non fagan a parte práctica 
na convocatoria de febreiro/xuño teñan asistencia
incompleta ou nula 
aproben o exame teórico e, como
resultado, suspendan a materia, terán que superar o exame teórico na
convocatoria de xullo dese mesmo curso académico, ademais de presentar, no
prazo establecido, os traballos correspondentes á parte práctica da materia e o traballo
especial de compensación de asistencia. 
Se en xullo non superaran a
materia, no seguinte curso académico terían que cumprimentar de novo tódolos
pasos do apartado 2.

5.3. As particularidades
recollidas no apartado anterior non son modificables BAIXO NINGUNHA
CIRCUNSTANCIA 
e baséanse nos seguintes criterios básicos:

a) As cualificacións dos exames
teóricos
 so teñen validez para a convocatoria na que se fai
(febreiro/xuño ou xullo)

b) Os traballos
prácticos
, pola súa natureza de traballo diario, son válidos para as dúas
convocatorias posibles do curso académico (febreiro/xuño, xullo). A carga de traballo práctico grupal recollida na programación será asumida individualmente no caso da convocatoria de xullo.

c) Trátase de premiar
aquelas persoas que amosaron constancia na realización dos
traballos e na asistencia ás clases.

6. DA COLABORACIÓN PROFESORADO / ALUMNADO

6.1. En tódolos casos é
necesario que o profesor estea informando das actividades que está
realizando o alumno
 con respecto a esta materia, especialmente no caso
daqueles alumnos que pretendan presentarse na convocatoria de xullo.

6.2. No caso dos traballos da
parte teórica da materia, a temática dos mesmos deberá ser consensuada
previamente co docente. En NINGÚN CASO se admitirán traballos
realizados sen ter o visto bo previo do profesorado. A mesma circunstancia é
aplicable ós traballos de compensación de asistencia.

6.3. Existe un horario
de titorías 
do profesorado do que serán informados ós alumnos a comezo
do curso. Nas titorías resolveranse dúbidas sobre aspectos
teóricos e prácticos da materia pero non se poderán facilitar apuntes ou
realizar clases teóricas completas.



A presente normativa é aplicable a tódolos alumnos
matriculados nesta materia SEN EXCEPCIÓN

Revisado. En Pontevedra, 15 de xuño de 2013



Emma Torres Romay

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000