Guia docente 2023_24
Facultade de Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Produción publicitaria impresa
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Exame sobre os contidos teóricos impartidos na materia.

Exame tipo test de 50 preguntas.
As correctas suman 1 punto.
As incorrectas restan 0,5 puntos

Esta proba ten un valor do 40% sobre o total da nota sendo necesario obter unha cualificación mínima do 50% da mesma para aprobar esta parte.
40 C3
C5
C13
Traballo Traballo relacionado coa elaboración dun manual de identidade corporativa gráfica.

Esta proba ten un valor do 20% sobre o total da nota sendo necesario obter unha cualificación mínima do 50% da mesma para aprobar esta parte.
20 A4
C3
C5
C12
C13
D2
D3
D4
Traballo Traballo relacionado coa elaboración dun anuncio impreso e un cartel.

Esta proba ten un valor do 20% sobre o total da nota sendo necesario obter unha cualificación mínima do 50% da mesma para aprobar esta parte.
20 A4
C3
C5
C12
C13
D2
D3
D4
Traballo Traballo relacionado coa elaboración dun catálogo corporativo ou de produto.

Esta proba ten un valor do 20% sobre o total da nota sendo necesario obter unha cualificación mínima do 50% da mesma para aprobar esta parte.
20 A4
C3
C5
C12
C13
D2
D3
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

EVALUACIÓN CONTINUA

Parte teórica

Para aprobar a parte teórica o alumnado debe superar un exame escrito individual (na data oficial publicada polo centro) sobre os contidos que se impartan na aula e que están recollidos no programa. O exame se valora sobre un máxino de 10 puntos e supón o 40% da evaluación da materia.

É necesario obter unha cualificación mínima do 50% (5 puntos) da mesma para aprobar esta parte.

Parte práctica

Para aprobar a parte práctica o alumnado debe entregar cada un dos 3 traballos impresos nas datas indicadas ao comezo de curso. Aquelas prácticas non entregadas a data indicada sen causa xustificada (causas recollidas no regulamento sobre evaluación, calificación e calidade da docencia aprobadas no claustro do 18 de abril de 2023), se considerarán suspensas e o alumno deberá entregalas na convocatoria de segunda oportunidade.

Cada un dos traballos prácticos se valorará sobre un máximo de 10 puntos e supón o 20% da evaluación da materia. É necesario obter unha cualificación mínima do 50% (5 puntos) en cada un dos traballos para aprobar esta parte. Unha vez publicadas as notas provisionais de cada práctica permítense 24h para revisión, unha vez transcorridas a nota considérase definitiva.

A asistencia ás prácticas é obrigatoria, aqueles alumnos que teñan 2 faltas de asistencia sen xustificar non poderán ser avaliados e constarán como suspenso nesta parte e terán que ir á convocatoria de segunda oportunidade.

Requisitos para superar a materia

- Ter aprobados todos o traballos prácticos

- Ter aprobado o exame teórico

- Asistencia a clase

A nota final é o resultado da parte teórica e práctica, non se poderá aprobar a materia con algunha parte suspensa.


SEGUNDA OPORTUNIDADE

Parte teórica

Para aprobar a parte teórica o alumnado debe superar un exame escrito individual (na data oficial publicada polo centro) sobre os contidos que se impartan na aula e que están recollidos no programa. O exame se valorará sobre un máximo de 10 puntos e supón o 40% da evaluación da materia.

É necesario obter unha cualificación mínima do 50% (5 puntos) da mesma para aprobar esta parte.

Parte práctica

Na data oficial do exame o alumno deberá entregar en formato impreso aqueles traballos que teña suspensos. Cada un dos traballos prácticos se valorará sobre un máximo de 10 puntos e supón o 20% da evaluación da materia. 

É necesario obter unha cualificación mínima do 50% (5 puntos) en cada un dos traballos para aprobar esta parte.

A nota final é o resultado da parte teórica e práctica, non se poderá aprobar a materia con algunha parte suspensa.


EVALUACIÓN GLOBAL

O alumnado deberá informar ao docente sobre a súa renuncia ao sistema de evaluación continua no prazo establecido polo centro para tal fin, achegando cuberto e asinado (por ambas as partes, alumno e docente) o documento habilitado. Fóra do prazo previsto polo centro o alumnado non poderá acollerse a este sistema de evaluación.

A proba de evaluación global se realizará na data e horario previstos polo centro no calendario de exames oficial.
O alumno deberá superar todas e cada unha das probas de evaluación previstas que se detallan a continuación obtendo unha puntuación mínima de 5 puntos en cada unha delas, en caso contrario non será avaliado e a materia estará suspensa.

Dada a extensión das probas o alumnado que se acolla a evaluación global deberá dispor de 4 horas para a realización das mesmas a partir da
hora oficial de inicio do exame da materia segundo o calendario oficial. 

Descripción das probas 

Proba 1. Exame teórico. Se realizará o exame teórico previsto para a materia tanto para
a evaluación global como continua. O exame será avaliado coas mesmas pautas para
todo o alumnado. O exame ten un valor do 40% sobre o total da nota sendo preciso obter
unha cualificación mínima de 5 puntos para aprobar esta parte. Unha cualificación inferior non servirá como media coas outras probas. 

Proba 2. Traballos prácticos. Facer entrega do tres traballos propostos polo docente. O
conxunto dos traballos (3) ten un valor do 30% sobre o total da cualificación. Debe
obterse unha cualificación mínima de 5 puntos en cada un dos traballos para superar
esta parte. Unha cualificación inferior non servirá como media coas outras probas. Os
traballos serán entregados na data e horario do exame. O detalle dos contidos dos
traballos, metodoloxías e os criterios de evaluación serán facilitados aos estudantes de evaluación global unha vez finalizado o prazo de renuncia expresa á evaluación continua. 

Proba 3. Actividade práctica. Tras a elaboración do exame os estudantes de evaluación global deberán asistir co docente a sala de prácticas habitual, onde deberán realizar
actividades prácticas semellantes ás realizadas polos alumnos de evaluación continua,
empregando os mesmos recursos e equipamentos empregados por estes. A proba durará un máximo de dúas horas desde o comezo da mesma. O detalle das probas así como os
criterios de evaluación será remitido ao alumnado nun prazo non superior a un mes
desde a renuncia efectiva a súa evaluación continua. A selección de actividades prácticas,
no seu conxunto, ten un peso do 30% sobre o total da cualificación sendo preciso obter
unha cualificación mínima de 5 puntos para aprobar esta parte. Unha cualificación inferior non servirá como media coas outras probas. 

Resumo das probas e porcentaxe de valoración:

Proba 1. Exame. Valoración do 40% sobre o total da nota. 

Proba 2. Traballos prácticos. Valoración do 30% sobre o total da nota. 

Proba 3. Actividades prácticas. Valoración do 30% sobre o total da nota. 

Os estudantes deberán obter unha cualificación mínima de 5 puntos en todas as probas.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000