Educational guide 2023_24
Facultade de Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Teoría e práctica da comunicación televisiva
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas con apoio das TIC As sesións maxistrais baséanse no traballo semanal realizado de forma autónoma polo alumnado. A realización destas tarefas a través de plataformas dixitais será valorada polo docente. 10 A5
C11
Lección maxistral As sesións maxistrais baséanse no traballo semanal realizado de forma autónoma polo alumnado. A asistencia e participación nas clases presenciais será avaliada en función da realización das actividades propostas polo docente. 10 A5
B1
B2
C1
C3
C5
Traballo tutelado Produción dunha peza audiovisual breve de temática a propor polo docente (traballo individual). 10 B1
C5
C13
Aprendizaxe-servizo Desenvolvemento, gravación e edición dos contidos audiovisuais requeridos dentro do marco da Aprendizaxe-servizo e presentación de portfolio (traballo en grupo). 30 C5
C11
C13
Exame de preguntas obxectivas Exame da materia abordada nas sesións teóricas e prácticas 40 B1
B2
C1
C3
C5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumno poderá optar a dous tipos de cualificación: avaliación continua e avaliación global

1-    Avaliación continua:


O alumnado deberá aprobar cada un dos traballos e proxectos para superar a asignatura. Os traballos e proxectos propostos son obrigatorios. O alumnado deberá superar un exame final que terá lugar nas datas acordadas polo centro e que representará o 40% da nota. Aqueles alumnos que falten a máis de dúas sesións de prácticas e/ou seminarios deberán superar, de xeito adicional, un exame práctico que garanta a adquisición das competencias da materia sobre as que se traballa nestas sesións e que se reforzan nos traballos tutelados e proxectos. Será motivo de avaliación negativa a copia, o plaxio, a reprodución de obras creativas de outros autores ou non participar co seu equipo nalgunha das prácticas.

Aplicaranse as porcentaxes e conceptos anteriores (Prácticas con apoio das TIC, traballos tutelados individuais e en grupo e examen final). A nota final será a nota media de todolos apartados, segundo as súas porcentaxes relativas. Conservaranse as cualificacións das partes aprobadas para a seguinte convocatoria.

Na segunda oportunidade aplicaranse os mesmos criterios. Todos os detalles referidos á avaliación continua, prácticas con apoio das TIC, traballos tutelados individuais e en grupo e examen final cos seus correpondentes calendarios de entrega, os criterios de corrección, así como as cualificacións, publicaranse na plataforma MOOVI. Será responsabilidade do alumno estar ao cabo desta información, xa que non se facilitará por ningún outro medio.

2 - Avaliación global:

De conformidade co disposto no Regulamento de avaliación, cualificación e calidade docente e no proceso de aprendizaxe do alumnado, o estudante que non opte pola modalidade de avaliación continua terá dereito a unha proba global nas datas que determine a Facultade. Será unha única proba que permitirá ao alumnado cualificar entre 0 e 10, igual que na avaliación continua.

Esta posibilidade deberá ser solicitada expresamente polo estudante, con antelación e seguindo os trámites que determine o Decanato da Facultade, e suporá a anulación automática de todas as cualificacións obtidas pola modalidade de avaliación continua.

O devandito procedemento poderase consultar na plataforma MOOVI. Non se admitirán solicitudes transcorrido o prazo establecido e, unha vez recoñecido o dereito, non se poderá desistir do mesmo.

As probas realizaranse na data e hora oficialmente establecidas pola Facultade. Como norma xeral, a duración desta proba oficial é de dúas horas. Para a avaliación global, cada alumno necesitará 3 horas adicionais (5 desde o inicio da proba) para realizala. Constará do seguinte:

  • 1º - Exame teórico práctico (30% da nota). Exame de preguntas de desenvolvemento e de índole práctica na que se plantexarán cuestións realacionadas cos contidos tratados na lección maxistral e que estará a disposición dos alumnos/as na plataforma Moovi
  • 2º - Entrega Traballos/Pezas (35% da nota). Similar á proposta na avaliación continua. O alumno entregara o día da proba final de avaliación todolas pezas de emisón e todolos traballos que os alumnos que cursan o modelo de avaliación continua deben ir guionizando, producindo, realizando, editando e posproducindo ao longo do curso para a súa posterior utilización nos diferentes informativos que realicen ao longo do curso.  
  • 3º - Proba Práctica (35% da nota). Realización dunha proba de carácter práctico para a realización dun ou varios informativos. Dita proba práctica poderá consistir na resolución dun suposto práctico. Esta proba realizarase despois do exame teórico e terá unha duración máxima de 3 horas. 

A nota final será a nota media das 3 partes, segundo as súas correspondentes porcentaxes. 

Na segunda oportunidade (xullo) aplicaranse os mesmos criterios.

Todos os detalles da estrutura do exame, as especificaciós de traballos e prácticas, o calendario de entrega, os criterios de corrección, así como as cualificacións, publicaranse na plataforma MOOVI. Será responsabilidade do alumno estar atento a esta información, xa que non se facilitará por ningún outro medio. Calquera aspecto non previsto nesta guía resolverase en función do citado Regulamento de avaliación, cualificación e calidade da ensinanza e do proceso de aprendizaxe do alumnado:

https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/show/565













Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000