Guia docente 2023_24
Facultad de Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Redacción e locución publicitaria
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Análise de casos prácticos: cuñas e campañas no medio radio 20
Prácticas de laboratorio Presentación dos traballos de grupo e traballo persoal 40 A4
C13
Exame de preguntas de desenvolvemento Realizarase a final de curso e na data e hora que determine a autoridade académica, unha proba escrita sobre a materia explicada que consistirá nun exame no que os alumnos deberán responder a unha serie de preguntas que o profesor lles expón. O obxecto é saber o grao de coñecementos que ten cada alumno da parte teórica da materia 40 C3
C5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
1. Para a superación da materia co sistema de avaliación continua arriba descrito, será necesaria a entrega, presentación e exposición de todos os traballos e exercicios, obtendo unha cualificación mínima de aprobado (5) en cada un deles, e seguindo os temas, prazos e condicións establecidas polo equipo docente. Ademais, será obrigatoria a asistencia ás clases (só se permitirán un máximo de 2 faltas sen xustificar en todo o cuadrimestre).

2. No caso de que o alumnado queira optar á avaliación global deberá presentar a súa renuncia á avaliación continua dentro do prazo e seguindo o procedemento establecido polo centro.

3. Descrición da avaliación global:

Na data oficial establecida polo centro para o exame final, o alumnado deberá:

—- Realizar un exame teórico, definido polo equipo docente (60% da nota)

—- Resolver un suposto práctico, definido polo equipo docente (20% da nota)

—- Entregar un traballo consistente na análise dunha campaña real no medio radio, definida polo equipo docente (10% da nota)

— Presentar un exercicio que inclúa a creación, redacción, casting de voces e sonorización dunha cuña de radio, en base a un briefing definido polo equipo docente (10% da nota)

Obtendo a cualificación mínima de aprobado (5) en todos e cada un deles.

4. O proceso de avaliación en segunda oportunidade será igual ao establecido para a avaliación global.

5. A información sobre as probas de avaliación, o seu formato, extensión, datas e canles de entrega será detallada nas clases e a través da plataforma Moovi. E responsabilidade do alumnado estar atento á información que sexa precisa para superar a materia.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000