Educational guide 2023_24
Facultade de Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Estratexias da comunicación publicitaria
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Desenvolvemento de traballos tutelados nas sesións de prácticas da materia. 40 A2
A3
A4
B3
C9
C12
D3
Exame de preguntas obxectivas Proba para avaliar o contido desenvolvidos ao longo da materia 20 A3
B3
C9
Resolución de problemas e/ou exercicios Resolución de cuestionarios e exercicios na sesións de teorías na materia. 20 A4
B3
C9
Proxecto Presentación dun proxecto final: plan estratéxico. 20 A2
A3
A4
B3
C9
C12
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

NORMATIVA DE EVALUACIÓN DA MATERIA

CURSO 2023-2024

A presente normativa axústase ao establecido no Regulamento de Estudantes da Universidade de Vigo (RR. 7/05/21).

1. DA NATUREZA DA MATERIA

1.1. A materia Estratexias da Comunicación Publicitaria está incluída no plan de estudos do Grao en Publicidade e Relacións Públicas como unha materia de carácter obrigatorio para todos os alumnos e alumnas que pretendan conseguir o referido título. 

1.2. Esta materia impártese en réxime PRESENCIAL polo que é deber dos estudantes asistir ás sesións docentes prácticas e teóricas no horario establecido polo centro.

2. DOS BAREMOS DE AVALIACIÓN DA MATERIA

2.1. O sistema de avaliación da materia realízase atendendo a tres factores:

a) Superar a parte práctica, coa realización das actividades programadas. 

b) Superar a parte teórica, mediante o sistema de avaliación continua ou cun exame escrito.

c) Asistencia e participación do alumnado nas clases teóricas e prácticas. 

2.2. Para superar a parte práctica deberán realizarse as actividades programadas en tempo e forma e sempre a baixo á supervisión docente. Ditas actividades deberán realizarse en grupo e poranse en marcha nas sesións de talleres e seminarios. Estas actividades valoraranse sobre un máximo de 10 puntos e supoñen un 60% da avaliación da materia. 

2.3. Para superar a parte teórica os alumnos e alumnas deberán superar as actividades individuais de avaliación continua que se desenvolverán na aula ou fóra da aula segundo as indicacións do docente. No caso de non superar estas actividades, deberán realizar un exame teórico escrito individual sobre os contidos teóricos que se impartan a aula e que están recollidos no programa. A parte teórica da materia valorarase sobre un máximo de 10 puntos e suporá un 40% da avaliación da materia.

2.4. A asistencia a clase é unha condición obrigada para poder ser avaliado. Aqueles alumnos ou alumnas que non asistan ás clases prácticas e de seminario constarán como SUSPENSO na parte práctica. 

2.5. A avaliación final da materia se realizará aplicando a seguinte distribución:

a) Teoría. Puntuación. Máxima 10 puntos/ Porcentaxe da nota 40% (exame e resolución de problemas e ou exercicio)

b) Práctica. Puntuación Máxima 10 puntos / Porcentaxe da nota 60% (traballo tutelado e proxecto)

c) Asistencia. Non puntúa especificamente. Non se fará media a aqueles alumnos e alumnas que non a cumpran. 

É requisito indispensable obter un mínimo de 5 puntos cada unha das partes. Non se realiza media con menor puntuación.

3. DA PARTE PRÁCTICA

3.1. Cada unha das actividades da parte práctica será valorada cunha puntuación máxima que lle será comunicada ao alumnado antes de realizar a mesma.

3.2. Tódalas actividades prácticas realizaranse nas sesións prácticas que están programadas nos horarios de docencia da materia. Isto non evitará que, nalgúns casos, os alumnos e alumnas teñan que cumprimentar os seus traballos fora da aula. En calquera caso, será labor do docente tentar que os alumnos e alumnas saquen o máximo rendemento desas sesións.

3.3. Cada unha das actividades da parte práctica terá unha asignación de horas prácticas que lle será comunicada ao alumnado antes de realizar a mesma.

3.2. Todos os membros do grupo de prácticas recibirán a mesma cualificación excepto naqueles casos en que un membro do equipo se ausente dalgunha sesión práctica sen causa xustificada.

4. DA PARTE TEÓRICA

4.1. As clases desenvolveranse mediante sesións maxistrais participativas que se combinarán coa realización de actividades individuais de reforzo dos contidos e avaliación do progreso dos estudantes. O docente facilitará ao inicio de curso unha axenda das actividades previstas.

4.2. As actividades de avaliación continua realizaranse prioritariamente na aula, podendo alongarse o período de entrega das mesmas fóra da aula en casos puntuais - polo volume da actividade ou por necesidades de organización - . No caso de que un estudante non estea presente na sesión (por causa xustificada ou non xustificada) onde se desenvolve a actividade, non poderá realizar a mesma nin presentala con posterioridade.

4.3. A actividades de avaliación continua realizaranse mediante sistemas automatizados polo que non serán sometidas a revisións ou reclamacións posteriores.

4.4. No caso de que un estudante non supere as actividades de avaliación continua (mínimo de 5 puntos sobre 10) ou conte con menos dun 70% das mesmas presentadas, deberá realizar o correspondente exame teórico na data marcada polo centro.

5. DO CONTROL DE ASISTENCIA

5.1. En todas as sesións prácticas e de seminario tomarase nota dos membros  asistentes. Nas clases teóricas estes controis poderán facerse de xeito aleatorio.

5.2. Durante todo o semestre (15 semanas) tan so será posible realizar DÚAS xustificacións das faltas de asistencia, que deberán ser realizadas mediante a presentación do correspondente xustificante médico ou laboral. A decisión de admisión do mesmo dependerá do docente e nunca se poderá realizarse mais alá dunha semana despois da ausencia. 

6. DA CONVOCATORIA DE XULLO-2ª OPORTUNIDADE / EXTRAORDINARIA

6.1. O sistema de avaliación para a convocatoria de xullo-2ª Convocatoria e extraordinaria é exactamente igual que a de febreiro/xuño, é dicir, son aplicados os baremos recolleitos no apartado 2.

6.2. Obsérvanse as seguintes peculiaridades.

a) Os alumnos ou alumnas que superen a parte práctica na convocatoria de xuño/febreiro e conten coa asistencia completa pero suspendan a avaliación continúa e, posteriormente o exame teórico e como resultado, suspenda a materia, tan só terán que superar o exame teórico na convocatoria de xullo-2ªoportunidade /extraordinaria dese mesmo curso académico e presentar. Se en xullo non superasen a materia, no seguinte curso académico terán que completar de novo todos os pasos do apartado 2.

b) Os alumnos ou alumnas que superen a parte práctica na convocatoria de xuño/febreiro e teñan a asistencia incompleta e suspendan a avaliación continúa e, posteriormente, o exame teórico e como resultado, suspenda a materia, terán que superar o exame teórico na convocatoria de  xullo-2ªoportunidade /extraordinaria dese mesmo curso académico e presentar, no prazo establecido, un traballo de compensación de asistencia. Se en xullo non superasen a materia, no seguinte curso académico terán que completar de novo todos os pasos do apartado 2. 

c) Os alumnos ou alumnas que suspendan a parte práctica na convocatoria de xuño/febreiro e conten coa asistencia completa e suspendan a avaliación continúa e, posteriormente, o exame teórico e como resultado, suspenda a materia,  terán que superar o exame teórico na convocatoria de xullo-2ªoportunidade /extraordinaria dese mesmo curso académico e presentar, no prazo establecido, os traballos correspondentes da parte práctica da materia. Se en xullo non superasen a materia, no seguinte curso académico terán que completar de novo todos os pasos do apartado 2. 

d) Os alumnos ou alumnas que suspendan a parte práctica na convocatoria de xuño/febreiro e conten coa asistencia incompleta e suspendan a avaliación continúa e, posteriormente o exame teórico e como resultado, suspendan a materia, terán que superar o exame teórico na convocatoria de xullo-2ªoportunidade /extraordinaria dese mesmo curso académico e presentar, no prazo establecido, os traballos correspondentes da parte práctica da materia, ademais do traballo especial de compensación de asistencia. Se en xullo non superasen a materia, no seguinte curso académico terán que completar de novo todos os pasos do apartado 2.

6.3. As particularidades recollidas no apartado anterior non son modificables BAIXO NINGUNHA CIRCUNSTANCIA e baséanse nos seguintes criterios básicos:

a) As cualificacións da avaliación continua e os exames teóricos só teñen validez para a convocatoria na que se fan (febreiro/xuño ou xullo-2ªoportunidade)

b) Os traballos prácticos, pola súa natureza de traballo diario, son válidos para as dúas convocatorias posibles do curso académico (febreiro/xuño, xullo-2ªoportunidade). A carga de traballo práctico grupal recollida na programación será asumida individualmente no caso da convocatoria de xullo.

c) Os estudantes que superen a parte práctica pero suspendan a parte teórica serán cualificados coa nota que resulte da parte teórica suspensa, ao non poder calcularse unha media das mesmas.

7. DA COLABORACIÓN PROFESORADO / ALUMNADO

7.1. En todos os casos é necesario que o profesor estea informando das actividades que está realizando o alumno ou alumna con respecto a esta materia, especialmente no caso daqueles alumnos ou alumnas que pretendan presentarse na convocatoria de xullo-2ª oportunidade. 

7.2. No caso dos traballos da parte teórica da materia, a temática dos mesmos deberá ser acordada previamente co docente. En NINGÚN CASO se admitirán traballos realizados sen ter ou visto e prace previo do profesorado. A mesma circunstancia é aplicable aos traballos de compensación de asistencia.

7.3. Existe un horario de titorías do profesorado do que serán informados os alumnos e alumnas a comezo do curso. Nas titorías resolveranse dúbidas sobre aspectos teóricos e prácticos dá materia pero non se poderán facilitar apuntamentos ou realizar clases teóricas completas.

8. DA AVALIACIÓN GLOBAL

8.1. O estudantado que renuncie á avaliación global, deberá realizar a totalidade das probas contempladas para a materia na data e horario para a proba oficial aprobado polo centro.

8.2. A orde de realización das probas será: exame teórico (1 hora), resolución de cuestionarios da parte teófica (1 hora), proposta de traballos (2 horas) e realización do Plan Estratéxico final (2 horas). Realizarase un descanso de 15 minutos entre cada una das probas. 

8.3. O estudantado debe obter un mínimo de 5 puntos en cada unha das partes. Non se realizarán medias con puntuación anterior. 

A presente normativa é aplicable a todos os alumnos e alumnas matriculados nesta materia SEN EXCEPCIÓN 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000