Guia docente 2023_24
Facultade de Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Comunicación: Imaxe corporativa
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas de desenvolvemento informe cooperativo e defensa como caso da comunicación e da reputación alcanzadas en redes sociais para unha asociación ou negocio local no desenvolvemento en pequeno grupo de creativa, analítica e relacións públicas durante as prácticas da materia en aprendizaxe - servizo. 40 A2
A3
B3
C9
C11
C14
D3
Estudo de casos análise, interpretación e estudo de problemas e necesidades comunicativas en pequenos negocios e asociacións locais con relacións públicas, publicidade e comunicación dixital en web e en redes sociais 25 A2
A3
B3
C9
C11
C14
D3
Cartafol/dossier autoavaliación da aprendizaxe durante o curso e propostas para desenvolvemento da imaxe profesional persoal 35 A2
A3
C11
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
PRIMEIRA CONVOCATORIA

AVALIACIÓN CONTINUA
  1. Publicar cada semana nun cartafol profesional en LinkedIn e/ou en weblog defendendo a unha marca persoal profesionalmente viable
  2. Respsotar a cuestións teóricas sobre marcas, estratexias e construción social nos distintos ecosistemas ao longo da historia
  3. Colaborar como creativa, analítica ou relacións públicas nas practicas de servizo de comunicación a unha empresa ou entidade local coa que presentar e defender un caso de aprendizaxe experiencial
  4. Saber resolver casos prácticos e tomar decisións para comunicación local en redes sociais
  5. Expoñer perspectivas de viabilidade para a marca persoal
AVALIACIÓN GLOBAL

Esixe a presentación previa das publicacións no cartafol en LinkedIn (blogue) con alomenos un caso práctico analizado e solucionado para presentarse á proba fixada no calendario oficial de exames para a materia.
Terá tres partes, sendo necesario aprobar cada unha delas. 
Unha sobre os contidos téoricos das idades da imaxe na historia (40%).
Outra sobre solución de casos de comunicación de negocio en redes sociais (40%). 
E a referida ás expectativas profesionais dun perfil profesional persoal (20%).

SEGUNDA CONVOCATORIA

Na data aprobada para o exame é requisitto imprescindible comunicar as publicacións no cartafol en LinkedIn (blogue ou demais redes sociais) así como a presentación de dous casos prácticos analizados e solucionados.

Terá tres partes, sendo necesario aprobar cada unha delas. 

Unha sobre os contidos téoricos das idades da imaxe na historia (40%).

Outra sobre solución de casos de comunicación de negocio en redes sociais (40%). 

E a referida ás expectativas profesionais dun perfil profesional persoal (20%).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000