Guia docente 2023_24
Facultade de Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Empresa: Fundamentos de mercadotecnia
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Desenvolvemento de exercicios, test de repaso, foros, visualización de videos na clase. Valorarase a asistencia, a participación e as presentacións en público realizadas. 5 A2
B2
C10
D1
D2
D3
D4
Resolución de problemas de forma autónoma Traballos que se pon en marcha nas clases prácticas e son desenvolvidas de maneira autónoma polo alumno fose da aula. O alumno debe solucionar unha serie de exercicios no tempo e condicións establecidas polo profesor. A puntuación total deste epígrafe repartirase entre a asistencia a clase e o número total de exercicios que se expoñan. Estes exercicios deberán subirse a Moovi e o prazo de entrega será determinado pola profesora. A asistencia ás prácticas é obrigatoria polo que para poder obter a puntuación do traballo un alumno debe asistir como mínimo ao 80% das sesións. 5 C10
C14
D1
D2
D3
D4
Traballo tutelado O traballo será en grupo e consistirá no desenvolvemento dun proyecto que se concretará en diversas tarefas relativas a un plan de marketing dunha empresa/produto/sector proposto polo profesor.
A nota que obteña cada alumno nesta parte será a do traballo grupal pero poderá ser modificada según a participación individual tanto no traballo coma nos seminarios.
A conformación dos grupos e a empresa/producto serán determinados na primeira sesión de seminario (según calendario oficial) baixo a supervisión do docente.
Para poder obter a puntuación do trabajo un alumno debe asistir como mínimo ao 80% das sesións.
30 C10
C14
D1
D2
D3
D4
Exame de preguntas obxectivas Proba de preguntas curtas 30 A2
B2
C10
C14
D1
D2
D3
D4
Exame de preguntas obxectivas Proba de preguntas curtas 30 A2
B2
C10
C14
D1
D2
D3
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os alumnos teñen a opción de elixir entre dúas modalidades de avaliación da materia: Avaliación Continua (AC) ou Avaliación Global (AG). Por defecto, asúmese que o alumnado será avaliado mediante AC e deberá notificar por escrito a súa renuncia si desexa cambiar á modalidade de AG. Este aviso
debe facerse dentro dun prazo máximo dun mes desde o inicio do cuadrimestre.

A AC consta de dous partes cos seus respectivos valores ponderados:



a) Superación da parte práctica coa realización das
actividades programadas, a asistencia como mínimo ó 80% das clases prácticas e a participación nas
mesmas. A calificación será de máximo 4 puntos sobre 10. 

b) Superación da parte teórica mediante dúas probas escritas que se realizarán na data señalada polo centro. A puntuación máxima será de 6 puntos sobre 10. Para aprobar a materia é
necesario obter polo menos unha calificación de 3 puntos sobre 6 na suma dos dous exámenes. Unha calificación inferior non servirá como media coas outras probas.  

O GA realízase mediante unha proba extensa
(5 horas) na data sinalada no calendario oficial na que se valorará a
adquisición de todas as competencias requiridas na materia. A proba terá dúas
partes diferenciadas. A primeira parte consistirá en preguntas sobre contidos
teóricos (60%) e, na segunda, o alumno deberá demostrar os seus coñecementos
prácticos en marketing estratéxico e operativo (40%). Isto suporá o 100% da
nota. Para aprobar o exame é necesario acadar 3 puntos sobre 6 na parte
teórica.

Na Segunda Oportunidade e convocatoria Fin de Carreira a forma de avaliación é a mesma que na primeira oportunidade. A calificación da parte práctica conservarase en todas as convocatorias dese curso académico pero o traballo tutelado en grupo poderá ser mellorado a título individual. Con todo, se a materia non é superada neste curso académico o alumno deberá cursala novamente adaptándose á guia docente que estea vixente no curso académico e, polo tanto, non se conservará ningunha das cualificacións obtidas no presente curso.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000