Guia docente 2020_21
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Administración pública e análise estatística
   Plan de Continxencias
 
Descrición
No caso de que concorran circunstancias excepcionais, as adaptacións que se realizarían indícanse a continuación.

As clases impartiríanse por campus remoto, de xeito que non sería precisa ningunha modificación na metodoloxía docente, nin nos contidos a impartir, nin na bibliografía.

O exame de preguntas obxectivas da parte de Administración Pública (35%) desenvolveríase de xeito virtual a través da plataforma faitic, na data e hora da convocatoria oficial de exame. Para o exame de preguntas obxectivas da parte de Análise Estatística (35%), teríase en conta o número de estudantes matriculados/as para cada convocatoria, de xeito que:
- Se hai 16 ou menos estudantes matriculados/as para esa convocatoria, o referido exame substituiríase por un traballo individual autónomo (20%) e un exame oral curto (15%), que se realizaría por campus remoto, na data e hora da convocatoria oficial de exame.
- Se hai máis de 16 estudantes matriculados/as para esa convocatoria, manteríase o o exame de preguntas obxectivas da parte de Análise Estatística, se ben realizaríase combinando as ferramentas de campus remoto e faitic.

As restantes actividades de avaliación non se modificarían, se ben realizaríanse co apoio do campus remoto e faitic.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000