Educational guide 2023_24
Facultade de Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Teoría e práctica das relacións públicas
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2023_24
Materia Teoría e práctica das relacións públicas Código P04G190V01205
Titulación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OB 1 2c
Lingua de impartición
Galego
Prerrequisitos
Departamento Comunicación audiovisual e publicidade
Coordinador/a
Baamonde Silva, Xosé Manuel
Correo-e xbaamonde@uvigo.es
Profesorado
Baamonde Silva, Xosé Manuel
Web
Descrición xeral A materia de Teoría e práctica das relacións públicas ten carácter obrigatorio e conta cunha carga lectiva de 6 créditos ECTS. Impártese no segundo cuadrimestre do 1º curso do título de Grao en Publicidade e Relacións Públicas e trátase da primeira materia na que se abordan contidos relativos á disciplina das relacións públicas.
Dado que os estudios aos que se enfronta o alumno son de carácter superior, a materia conta cun importante compoñente teórico, relativo á análise conceptual de diferentes elementos e á comprensión de diversos modelos formulados polos especialistas en relacións públicas. Este compoñente teórico complétase con contidos e metas de tipo práctico, encamiñadas á favorece-la realización dun traballo de calidade cando o alumno se incorpore ó ámbito profesional.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000