Guia docente 2023_24
Facultade de Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Comunicación: Historia da propaganda e a publicidade
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado A avaliación dos coñecementos, no marco das clases de seminario, realizarase mediante un seguimento continuo. Farase un primeiro traballo de carácter empírico de acordo cas instruccións do/a profesor/a. 30 A3
B3
C1
C9
D3
D4
Traballo tutelado A avaliación dos coñecementos, no marco das clases de seminario, realizarase mediante un seguimento continuo. Farase un segundo traballo de carácter teórico de acordo cas instruccións do/a profesor/a. 30 A3
B3
C1
C9
D3
D4
Exame de preguntas de desenvolvemento O exame teórico consistirá en duas preguntas sobre os contidos da materia, a responder num tempo máximo dunha hora. 40 A3
C1
C9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN CONTINUA

Os estudantes deberán entregar os traballos seguindo as instrucións do profesor nas datas sinaladas.

Nos traballos valorarase especialmente que teñan unha estructura analítica, reflexión crítica e o uso de fontes diversas con rigor académico. 

A nota final da asignatura será o resultado da suma das puntuacións dos traballos prácticos e o exame teórico. O estudante deberá obter unha cualificación mínima do 50% en cada unha das probas.

A información sobre as probas de avaliación, o seu formato, extensión, rúbrica de avaliación e canles de entrega serán detalladas a través da plataforma Moovi. É responsabilidade do alumno ou alumna estar atento á información subida e recompilar a información específica e complementaria que sexa precisa para superar a materia.

AVALIACIÓN GLOBAL DA MATERIA

A proba de avaliación global realizarase na data e horarios previstos polo centro no calendario de exames oficial. O estudante deberá superar todas e cada unha das probas de avaliación previstas que se detallan a continuación obtendo unha cualificación mínima do 50% dos puntos en cada unha delas. 

Breve descrición das probas

Proba 1. Exame teórico. Realizarase o exame teórico previsto para a materia tanto para a avaliación global como continua. O exame será avaliado coas mesmas pautas para todo o alumnado. O exame ten un valor do 40% sobre o total da nota sendo preciso obter unha cualificación mínima da metade da puntuación para aprobar esta parte. Unha cualificación inferior non servirá como media coas outras probas.

Proba 2. Traballos prácticos. Facer entrega de dous traballos propostos polo docente. Cada un dos traballos (2) ten un valor máximo do 30% sobre o total da cualificación (60%). Debe obterse unha cualificación mínima da metade da puntuación en cada un dos traballos para superar esta parte. Unha cualificación inferior non servirá como media coas outras probas. Os traballos serán entregados na data e horario do exame. O detalle dos contidos dos traballos, metodoloxías e criterios de avaliación serán facilitados aos estudantes de avaliación global unha vez rematado o prazo de renuncia expresa á avaliación continua.

O alumnado deberá informar ao docente da súa renuncia expresa ao sistema de avaliación continúa no prazo establecido polo centro, cubrindo e asinando o documento habilitado para tal fin.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000