Na nosa sociedade, a imaxe consolidouse como un vehículo esencial de comunicación. A súa capacidade para condensar significados, evocar emocións e construír narrativas de forma inmediata convértea nunha ferramenta poderosa para influír na percepción, o desexo e o comportamento do público.
O poder da imaxe destaca en ámbitos como o da publicidade e ou o do audiovisual. En publicidade, axuda a construír as mensaxes, busca captar a atención en segundos e provocar unha resposta nos consumidores. Na o audiovisual a imaxe adquire unha dimensión temporal e secuencial que permite desenvolver relatos complexos.
A construción da imaxe fixa e o tránsito á imaxe en movemento. Os elementos constitutivos, morfolóxicos, dinámicos e escalares da imaxe son aspectos que se abordarán nesta materia introdutoria respecto a as características xerais da linguaxe audiovisual.
Por iso falarase de conceptos como a composición, o funcionamento do ollo, o encadre, o movemento de cámara, a iluminación ou a montaxe. Pero tamén comentaremos aspectos propios da cultura audiovisual na que vivimos, como a capacidade das imaxes para facer representacións visuais e mostrar estereotipos, reforzar ou cuestionar normas sociais e configurar imaxinarios culturais.
Nun contexto saturado de estímulos visuais, comprender como se producen, circulan e consomen as imaxes é clave para desenvolver unha mirada crítica e consciente. Más aínda nun contexto dixital, onde a abundan formatos innovadores como o vídeo curto, a realidade aumentada ou as imaxes xeradas por intelixencia artificial. Unha evolución que expón novos desafíos éticos, estéticos e comunicativos que requiren unha reflexión teórica constante.