Guia docente 2023_24
Facultade de Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Comunicación: Teoría e historia da comunicación
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado A avaliación dos traballos de aula realizarase por asistencia e o contido dos traballos escritos. Valorarase a corrección na redacción. A asistencia ás sesións prácticas é obrigatoria. 10 A3
B2
D3
Seminario A avaliación sobre os seminarios será por asistencia e a participación. Valorarase coherencia na argumentación. A asistencia aos seminarios é obrigatoria. 20 A3
D3
Exame de preguntas de desenvolvemento Probas que inclúen preguntas abertas sobre un tema. O alumnado debe desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que ten sobre a materia nun exame parcial sobre a primeira parte. Ese exame contará un máximo do 30%. 30 A1
A3
B1
B2
B3
C2
Traballo Da restante parte teórica (40%) examinarase mediante un ensaio. 40 A1
A3
B1
B2
B3
C2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

É necesario superar tanto a parte teórica como a práctica da materia. Unha puntuación inferior a 3,5 en teoría ou a 1,5 na suma de seminarios e prácticas non fará media coa outra parte.

Na convocatoria de xullo examinarase a parte suspensa (teoría e/ou práctica).

Non se garda ningunha nota parcial para outros cursos.

O alumnado deberá comunicar ao profesorado a súa renuncia expresa ao sistema de avaliación continua no prazo que estableza o centro, cubrindo e asinando o documento autorizado para o efecto.

AVALIACIÓN GLOBAL DA MATERIA

A proba global de avaliación realízase na data e nos horarios previstos polo centro no calendario oficial de exames. O alumno deberá superar todas e cada unha das probas de avaliación que se enumeran a continuación, obtendo unha puntuación mínima de 3,5 puntos na parte teórica (exame e ensaio) e 1,5 nas probas prácticas. Unha valoración inferior significa que non se fará a media coa outra parte.

Breve descrición das probas

  •      Proba 1. Exame teórico. O exame teórico previsto para a materia realizarase tanto para a avaliación global e continúa. O exame será avaliado coas mesmas pautas para todos os alumnos. O exame vale o 30% da nota total.
  •      Proba 2. Traballo práctico. Entregar 10 traballos propostos pola profesora. O conxunto de traballos ten un valor do 30% da cualificación total e a entrega será a través da plataforma Moovi. A data e hora do exame será a data límite da entrega dos traballos. Os detalles dos contidos dos traballos daranse a coñecer na plataforma Moovi cun mes de antelación, polo que o alumnado deberá acudir a esa plataforma para coñecer os requisitos.
  •      Proba 3. Entrega do ensaio final a través da plataforma Moovi con data límite o día e no momento do exame, que pondera o 40% restante da nota. É responsabilidade do alumnado comprobar en Moovi as características da redacción e a súa avaliación.

Resumo das probas e porcentaxe de avaliación global do conxunto de tarefas.

1. Exame. Valoración do 30% da nota total.

2. Traballos prácticos. Valoración do 30% da nota total.

3. Ensaio. Valoración do 40% da nota total.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000