Guia docente 2015_16
Facultad de CC. Sociales y de la Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Comunicación: Teoría e historia da comunicación
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Nestas actividades predomina a transmisión, de forma expositiva, de coñecementos sobre un determinado ámbito profesional. Trabállase fundamentalmente o saber (competencia técnica), aínda que tamén se traballan os outros saberes (saber facer, saber ser e saber estar). O alumnado ten como función tomar apuntamentos, notas, relacionar conceptos, preguntar ao/a docente.
Seminarios Traballo en profundidade dun tema (monográfico). Ampliación e relación dos contidos tratados nas sesións maxistrais co labor profesional
Estudo de casos/análises de situacións Desenvolvemento dun proxecto de investigación en comunicación sobre un tema determinado e cunha ou varias metodoloxías das explicadas nas sesións teóricas. Desta forma, o alumno darase conta da aplicación práctica da investigación académica e das posibilidades que as súas metodoloxías lle ofrecen para tomar decisións prácticas profesionais no futuro: medición de audiencias, entrevistas, sondaxes e enquisas son parte do traballo que un experto en publicidade e relacións públicas terá que realizar.
Exposición do tema traballado persoalmente ou en grupo.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000