Guia docente 2020_21
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Comunicación: Teoría e historia da comunicación
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada polo COVID-19, a Universidade de Vigo establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución determíneno atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou parcialmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun modo máis áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
As clases maxistrais substituiranse por:
- Presentacións locutadas que se arquivarán no campus remoto. Durarán aproximadamente 30 minutos. Despois, teranse tutorías grupales de 25 alumnos de 30 minutos de duración para expor dúbidas, facerse preguntas sobre o contido, pedir exemplos, facer énfase no reforzo conceptual, debater ideas.

Os seminarios e prácticas substituiranse por:
- Presentacións locutadas de 10 minutos e material fornecido en Faitic. No caso dos seminarios manteranse debates a través do campus remoto.

Mecanismo non presencial de atención ao alumnado: as tutorías realizaranse con cita previa no despacho virtual https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/234026970


=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Probas xa realizadas

Exame parcial: [Peso anterior 20%] [Peso Proposto 20%]

Probas que se modifican

No caso de non poder realizarse exames presenciais, redactarase un ensaio de 8.000 palabras sobre a materia. Si xa está realizado o parcial, o seu peso na avaliación será un 50%. Si non, será do 60%.

Nese caso, o peso da avaliación de prácticas e seminarios pasaría de 30 a 40% no que, obviamente, a asistencia non se terá en conta.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000