Guia docente 2015_16
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Lingua: Linguaxe publicitaria en galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Sesión maxistral Valorarase a asistencia ás aulas maxistrais cando as faltas non superen o 20%. 10 C5
Seminarios Valorarase a participación activa, en particular as exposicións, as preguntas, suxestións e comentarios que se fagan. Tamén o traballo previo dos estudantes encargados de preparar a presentación. 5 B2
C5
D1
Debates Valorarase a participación activa e a contribución ao debate e ás conclusións que se poidan tirar da actividade argumentativa. 5 A1
B1
B3
Resolución de problemas e/ou exercicios O profesor especificará as actividades prácticas que son avaliables. Valorarase a realización e resolución dos exercicios programados. 15 A3
B1
B2
B3
C2
Traballos tutelados Valorarase o proceso e o resultado final da investigación ou traballo tutelado levado a cabo durante o curso. Terase en conta a forma e presentación externa (grafismo, ilustracións), a organización, as fontes e referencias usadas, a calidade dos argumentos e o coidado da lingua. 30 A3
B2
C2
C7
D1
D2
D3
D4
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Farase unha proba ó final do cuadrimestre na que o estudante deberá demostrar o uso correcto e efectivo da lingua, compoñendo textos apropiados e corrixindo inadecuacións ou erros lingüísticos en textos escritos e orais. 30 C5
Traballos e proxectos Valorarase a presentación do proxecto ou traballo tutelado 5 A3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua a través do seguimento das lecturas, titorías e traballos realizados ao longo do curso.

Avaliación global do proceso de aprendizaxe e adquisición de competencias e coñecementos a través dunha proba presencial.

Avaliación baseada na participación activa do alumno e na entrega dos traballos e exercicios que se requiriron ao longo do curso.

A segunda convocatoria consistirá nun exame escrito. Poderíase valorar tamén a presentación dun traballo previamente acordado co profesor.

Cualificación numérica de 0 a 10 segundo a lexislación vixente (RD 1125/2003).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000