Guia docente 2015_16
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Lingua: Linguaxe publicitaria en galego
   Contidos
Tema Subtema
• TEMA 1. A COMUNICACIÓN, A LINGUAXE E AS LINGUAS: A LINGUA GALEGA

• A comunicación e a linguaxe.
• Comunicación verbal e non verbal.
• Unidade e diversidade das linguas.
• A lingua galega e as súas variedades.
• TEMA 2. OS ÁMBITOS E REXISTROS DAS LINGUAS: OS USOS DO GALEGO. • As funcións da linguaxe.
• Os rexistros e niveis das linguas.
• Expresión oral e expresión escrita en galego: ortofonía e ortografía.
• A lingua galega e a súa historia: da literatura galega á publicidade en galego.
• As funcións da linguaxe publicitaria: historia e actualidade da linguaxe publicitaria en galego.


• TEMA 3: A GRAMÁTICA E O LÉXICO DA PUBLICIDADE: A LINGUAXE PUBLICITARIA GALEGA. • Gramáticas e dicionarios galegos.
• Fonética e prosodia. A estrutura fonolóxica e os usos gráficos do galego. A entoación e os signos de puntuación.
• Morfoloxía e sintaxe. Formación de palabras. As clases de palabras e as categorías gramaticais. As relacións sintácticas e a construción oracional. Clasificación das oracións.
• Léxico e semántica. Usos e abusos léxicos. Escolla de palabras. Interferencias e neoloxismos. Precisión léxica. Relacións semánticas entre palabras.
• TEMA 4: A MENSAXE PUBLICITARIA: AS LINGUAS NO PROCESO DE CREACIÓN E RECEPCIÓN DE MENSAXES PUBLICITARIAS EN SOCIEDADES MEDIÁTICAS.
• A comunidade lingüística galega. Lingua e poder. Prestixio social e prexuízos lingüísticos.
• Lingua estándar e nacionalismo lingüístico. Lingua internacional e globalización da cultura.
• Multilingüismo e bilingüismo. Diglosia e semilingüismo. Monolingüismo.
• Da identidade ás identidades: valores, crenzas, actitudes e modos de comportamento.
• TEMA 5. ANÁLISE DA LINGUAXE PUBLICITARIA. OS TEXTOS PUBLICITARIOS EN GALEGO.
• Análise textual: coherencia, cohesión e gramaticalidade nos anuncios en galego. As secuencias textuais e os conectores.
• A adecuación nos textos publicitarios en galego.
• A intertextualidade dos enunciados publicitarios: o discurso repetido.
•A retórica da comunicación publicitaria: unha análise estilística da publicidade en galego.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000