Guia docente 2023_24
Facultad de Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Economía: Economía
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Proba na que o alumno debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condicións establecido/as polo profesor. 15 A3
C15
Traballo tutelado É un texto elaborado sobre un tema e debe redactarse seguindo unhas normas establecidas. 15 A1
A3
B3
C1
Exame de preguntas obxectivas Probas que avalían o coñecemento que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos/as
seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades
35 A1
A3
B3
C1
C15
Exame de preguntas de desenvolvemento Probas que inclúen preguntas abertas sobre un tema. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta argumentada. 35 A1
A3
B3
C1
C15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O estudante pode optar por unha avaliación continua ou realizar unha avaliación global da materia.

En avaliación global o alumnado será avaliado da teoría e as prácticas aínda que non asistise.

O prazo de renuncia do alumnado á avaliación continua é de un mes dende o inicio das clases.

O horario das titorías estará publicado en Moovi e poderá solicitarse unha titoría a través do chat de Moovi.

Sistema de avaliación continua: Realizaranse ao longo do curso 2 exames parciais eliminatorios, cunha ponderación do 35% e 35% respectivamente. O último destes exames terá lugar o mesmo día que a data oficial de avaliación global de primeira oportunidade. O estudante que non supere unha nota de 4 no primeiro parcial terá que realizar un exame final con toda a materia o día do segundo parcial.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000