Guia docente 2021_22
Facultad de Ciencias Sociales y de la Comunicación
Grao en Dirección e Xestión Pública
 Materias
  Dereito financeiro e tributario II: Xestión tributaria e sistema fiscal
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral O profesorado responsable da impartición da docencia presentará os contidos da materia e o réxime xurídico previsto nas normas tributarias para os aspectos que se detallan na guía docente, de xeito que se favoreza a comprensión dos mesmos por parte do alumnado para o seu estudo posterior e aplicación aos casos (prácticos)
Estudo de casos A través de casos prácticos, baseados en supostos reais ou hipotéticos, se tratará de que o alumnado comprenda os conceptos e o réxime xurídico da materia así como as explicacións dadas nas clases teóricas. Do mesmo xeito, se trata de que sexa capaz de identificar as cuestións xurídico-tributarias que plantexan uns feitos, para determinar as consecuencias legais aplicables, así como os dereitos e garantías aplicables.
Aprendizaxe-servizo Nos termos aprobados polo centro ou dentro das convocatorias singulares nas que participe o profesorado, ofrecerase ao alumnado a posibilidade de participar na resolución de consultas ou na elaboración de materiais que supoñan unha aplicación dos coñecementos adquiridos para a súa transferencia aos sectores sociais interesados
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000