Guia docente 2021_22
Facultad de Ciencias Sociales y de la Comunicación
Grao en Dirección e Xestión Pública
 Materias
  Dereito do traballo e da seguridade social
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición por parte do docente dos contidos da materia obxecto de estudo, as súas bases teóricas e directrices principais, contidos que deberán ser estudados polo alumnado e que serán obxecto de avaliación.
Estudo de casos Formulación e resolución de casos prácticos ao fin de levar á práctica os contidos teóricos da
materia. A tal efecto, o docente proporá ao alumnado a resolución de feitos, supostos, casos,
sentenzas, etc, coa finalidade de coñecelos, interpretalos, resolvelos, así como reflexionar sobre os mesmos, contrastar datos, completar os seus coñecementos e adestrarse en procedementos alternativos de solución.
Foros de discusión Entrevistas/conversacións/resolución de dúbidas nas sesións presenciais que o docente mantén co
seu alumnado para asesoramento e desenvolvemento das distintas actividades na que se estrutura a materia e do proceso de aprendizaxe.
Instrucción programada Material docente facilitado ao alumnado que implique lectura de documentación científico-técnica
especializada e que non se poida reconducir á metodoloxía lección maxistral.
Resolución de problemas de forma autónoma O alumnado sitúase no centro da aprendizaxe, sendo capaz de resolver de forma autónoma certos problemas ou retos. O profesorado apoia ao alumnado no camiño á solución, a modo de guía ou supervisor.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000