Guia docente 2020_21
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Dirección e Xestión Pública
 Materias
  Ciencia política: Gobernanza, globalización e dereitos humanos
   Resultados de aprendizaxe
Resultados previstos na materia Resultados de Formación e Aprendizaxe
1. Recoñecer o significado, os contidos e diversas teorizacións sobre a gobernanza, a globalización e os dereitos humanos. 2. Enumerar diferentes tipos de consecuencias que a toma de decisións e os actos dos servidores públicos teñen sobre as persoas e a sociedade. 3. Identificar a solución de problemas éticos e morais a nivel internacional, analizando a relación da gobernanza coa mellora da calidade democrática, e o problema da corrupción e a desafeción política. 4. Identificar os fundamentos da política internacional comparada nun contexto de globalización e os instrumentos para a concertación entre Estados. 5. Integrar a política exterior dos principais actores mundiais a nivel internacional co dereito e as políticas da Unión Europea e o Estado español. 6. Describir os dereitos humanos e as súas principais garantías nun contexto multinivel e da Axenda 2030, enumerando casos reais exemplificativos. 7. Aplicar os coñecementos acadados a casos concretos nun contexto político globalizado. 8. Describir as principais políticas de dimensión global, especialmente as relacionadas coa igualdade e non discriminación, o medio ambiente, o patrimonio cultural e a seguridade. A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
B5
C2
C3
C12
C15
D1
D2
D3
D4
D5
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000