Guia docente 2020_21
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Dirección e Xestión Pública
 Materias
  Ciencia política: Gobernanza, globalización e dereitos humanos
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===

Tódalas metodoloxías, avaliación, etc. desta materia, fanse 100% online, a través de (FAITIC, Campus Remoto Uvigo, etc), polo que en caso de volver a un escenario online, non haberá ningunha modificación. O mesmo para a avaliación.

Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías): Despacho virtual 2146 do Campus Remoto da Uvigo, e correo: rricoy@uvigo.es
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000