Guia docente 2020_21
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Dirección e Xestión Pública
 Materias
  Socioloxía: Socioloxía xeral
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Lección maxistral O alumnado recibirá indicacións nas clases e en FAITIC sobre a materia obxecto de estudo, así como recomendacións sobre documentación de interese (lectura e/ou audiovisuais) que responda á material complementario ofrecido polo profesorado ou en resposta ás demandas formuladas (isto é, pode ser individual ou do colectivo de estudantes)
Estudo de casos Asesoramento e atención tras a realización da lección maxistral, tanto sobre indicacións da tarefa como asistencia durante o seu desenvolvemento
Debate O profesorado modera e promove o debate.
Traballo tutelado O alumnado recebe indicacións sobre o desenvolvemento da proba e atención persoalizada para resolver dúbidas e guiar o traballo.
Resolución de problemas de forma autónoma Asesoramento e atención tras a realización da lección maxistral, tanto sobre indicacións da tarefa como asistencia durante o seu desenvolvemento
Foros de discusión A atención persoalizada prestarase de forma asincrona e medios telemáticos. O alumnado receberá indicacións para participar o foro e o calendario esperado de intervencións. Haberá un foro de dúbidas que permanerá aberto durante o periodo de impartición do curso.
Instrucción programada Atención preferentemente non presencial. Indicacións ao alumnado sobre como planificar o estudo en unidades mais pequenas, primeiro a través da indagación sobre os coñecementos propios, revisión de literatura académica e programación de probas de autoavaliación
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000