Guia docente 2020_21
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Dirección e Xestión Pública
 Materias
  Ciencia política: Ciencia da administración e xestión pública
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen. Mantéñense tódalas metodoloxías docentes que serán desenvolvidas a través da web da materia (FAITIC, Plataforma TEMA) e da Aula Virtual da UVIGO.

* Metodoloxías docentes que se modifican. Non se modifican metodoloxías.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías). As titorías desenvolveranse a través do despacho do profesor na Aula Virtual, no horario confirmado ao principio de cada catrimestre.

* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir. Non hai modificación de contidos.

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe. A bibliografía faciltada para auto-aprendizaxe aparece reflectida na presente guía docente e é facilitada ao alumnado en formato electrónico a través da web da materia (FAITIC, Plataforma TEMA).

* Outras modificacións. Non hai modificacións.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
* Probas xa realizadas. As probas realizadas forman parte da avaliación continua da materia, e sumaránse as que queden pendentes de desenvolver segundo os pasos 4, 5 7 da presente guía docente.
...

* Probas pendentes que se manteñen. Mantéñense tódalas probas establecidas na presente guía docente, adaptadas á modalidade virtual a partir das plataforma autorizadas pola UVIGO: FAITIC-TEMA e Aula Virtual.
...

* Probas que se modifican. Non hai modificación de probas de avaliación.

* Novas probas. Non se contemplan novas probas de avaliación, ademáis das que figuran na presente guía docente.

* Información adicional. Non hai información adicional da contemplada na presente guía docente.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000