Guia docente 2019_20
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Dirección e Xestión Pública
 Competencias


Carácter CB Código Competencias Básicas
  CB1 Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
  CB2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
  CB3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
  CB4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado.
  CB5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Carácter CG Código Competencias Xerais
  CG1 Habilidades na procura de información, en relación con fontes de información primarias e secundarias, incluíndo o uso de computadores para procuras en liña
  CG2 Capacidade de analizar, sintetizar e integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos con información limitada
  CG3 Capacidade de escoita, de lectura comprensiva e habilidades de comunicación oral e escrita
  CG4 Comunicación a través de Internet e, en xeral, manexo de ferramentas multimedia para a comunicación a distancia
  CG5 Ser capaz de interpretar datos derivados das observacións en relación coa súa significación e relacionalos coas teorías apropiadas no ámbito da dirección e xestión pública
  CG6 Capacidade de perseveranza na realización de tarefas e labores e confianza no propio traballo
  CG7 Capacidade para a xestión de conflitos interpersoais e inclinación cara á mediación e a negociación
  CG8 Receptividade ante o cambio (interno e externo) e capacidade de adaptación a novas contornas ou circunstancias (adaptabilidade) e de aprendizaxe
  CG9 Ser capaz de recoñecer e implementar boas prácticas derivadas de procesos e accións como base para a innovación e a creatividade
  CG10 Compromiso coa eficacia e a eficiencia do traballo do sector público e outras entidades
  CG11 Compromiso co respecto persoal na contorna laboral público e privado
  CG12 Compromiso coa responsabilidade e a honestidade no desempeño laboral público e privado
  CG13 Compromiso cos Dereitos humanos, a igualdade, a xustiza e o desenvolvemento sustentable.
Carácter CE Código Competencias Específicas
  CE1 Coñecer o marco xurídico-legal das administracións públicas españolas
  CE2 Familiarizarse cos principios básicos da estrutura, organización e funcionamento do sistema constitucional español
  CE3 Introducir os conceptos económicos e ideas fundamentais para a súa aplicación á análise de realidade económica
  CE4 Reflexionar sobre os elementos dos sistemas administrativos (institucións, actores, ideas) e comprender o seu funcionamento práctico nun contexto multinivel
  CE5 Comprender os elementos integrantes dun sistema político e comprender o seu funcionamento práctico
  CE6 Coñecer o funcionamento institucional e as principais políticas públicas da Unión Europea
  CE7 Proporcionar as nocións, conceptos e teorías relacionados coa estrutura social e iniciar na análise e interpretación do características socio-estruturais das sociedades contemporáneas
  CE8 Saber aplicar métodos, modelos e técnicas de datos cualitativos e cuantitativos (estatísticos) para procesos de xestión e dirección pública
  CE9 Entender o papel das administracións públicas no proceso das políticas públicas e aplicar o método de análise
  CE10 Comprender a estrutura e funcionamento dos sistemas políticos galego e español nun contexto multinivel
  CE11 Adquirir os conceptos básicos de contabilidade financeira e as partes do Plan Xeral de Contabilidade aplicable ao sector privado.
  CE12 Coñecer o réxime xurídico de: expropiación forzosa, bens demaniales e patrimoniais, prestación de servizos públicos, actividade de fomento e a actividade de policía que desenvolve o sector público
  CE13 Aproximarse ao marco normativo das relacións laborais e da Seguridade Social
  CE14 Coñecer o réxime xurídico financeiro das Administracións Públicas, o funcionamento económico do Sector Público (ingresos e gastos) e os instrumentos de financiamento do Sector Público (tributos)
  CE15 Manexar os métodos de xestión dos documentos administrativos e de información das administracións públicas e os seus soportes físicos e telemáticos
  CE16 Entender as principais achegas da economía pública (teórica e aplicada) e o papel do sector público na economía
  CE17 Coñecer os modelos de xestión de recursos humanos no Sector Público, xestión estratéxica e o deseño, organización e provisión de servizos administrativos.
  CE18 Identificar os problemas da xestión de recursos humanos en organizacións (públicas e privadas) para experimentar con solucións transversais
  CE19 Aproximarse aos modelos de xestión pública e de organización de servizos públicos e o deseño, organización e provisión de servizos administrativos.
  CE20 Coñecer as distintas partes en que se estrutura o Plan Xeral de Contabilidade Pública para a súa aplicación aos distintos entes que integran o sector público estatal
  CE21 Comprender a estrutura, organización e funcionamento dos diversos gobernos e administracións locais
  CE22 Adquirir os elementos básicos das habilidades directivas e de relacións humanas
  CE23 Coñecer teórica e practicamente o funcionamento da contratación pública en España e na Unión Europea
  CE24 Operar cos procedementos de aplicación dos tributos en todos os niveis administrativos
  CE25 Manexar os distintos produtos financeiros para tomar decisións entre distintas alternativas no marco das administracións públicas
  CE26 Achegar os principais enfoques sobre liderado na xestión pública, as habilidades de liderado do directivo e o papel do líder nos equipos de traballo
  CE27 Comprender os fundamentos teóricos e prácticos da mercadotecnia-mix público e do sector non lucrativo
  CE28 Saber aplicar os métodos, modelos e técnicas de datos cuantitativos e cuantitativos
  CE29 Adquirir coñecemento sobre o Dereito dos gastos públicos, as operacións de tesouraría e financeiras e os sistemas, técnicas e normativa de control interno-externo do sector público
  CE30 Ser capaz de interactuar e desenvolverse nun determinado contexto laboral, público ou privado e aplicar os coñecementos e destrezas específicos adquiridos nas diferentes materias.
  CE31 Capacidade de definir e elaborar un traballo orixinal (individual ou en grupo) seguindo as orientacións dun profesor/autor/ a. Capacidade de presentación e defensa pública ante un tribunal académico do TFG (formulación, achados e resultados)
  CE32 Comprender a definición dos problemas e a súa entrada na axenda pública aplicando a metodoloxía específica.
  CE33 Saber aplicar técnicas de control de calidade nas AA. PP. e comprender os indicadores cuantitativos e cualitativos básicos da xestión pública
  CE34 Capacidade de formulación de problemas, análises de solucións e desenvolvemento de prácticas entre actores multinivel
  CE35 Capacidade para xestionar proxectos a desenvolver nunha contorna complexa de problemas públicos
  CE36 Reflexionar sobre os valores éticos públicos e as consecuencias xurídicas comportamentos antixurídicos
  CE37 Capacidade de análise e identificación de oportunidades de desenvolvemento existentes a través do aproveitamento dos recursos dispoñibles
  CE38 Ser capaz de planificar e realizar (integralmente) un proxecto de desenvolvemento nun ámbito territorial e aplicación de políticas públicas de apoio para o seu financiamento
  CE39 Comprender a planificación e a xestión administrativa dos recursos económico-financeiros, a organización e xestión dos servizos públicos, e coñecer o réxime xurídico financeiro e o financiamento das AA. PP
  CE40 Comprender o funcionamento das democracias contemporáneas, o comportamento político e as súas ""culturas políticas""
  CE41 Dominar os mecanismos de avaliación dentro do proceso elaboración e análise das políticas públicas nunha contorna multinivel
  CE42 Capacidade para elaborar todo tipo de mensaxes e actualizar as demandas de información pública da sociedade
  CE43 Comprender a influencia do sistema político nos sistemas administrativos de estados OCDE
  CE44 Utilizar o TIC dun modo seguro e eficiente e manexar distintos formatos de documentos electrónicos
  CE45 Adquirir os fundamentos do e-Goberno e ser capaz de xestionar e mellorar os instrumentos de e-Administración
Carácter CT Código Competencias Transversais
  CT1 Capacidade de análise e síntese para a elaboración e defensa de argumentos
  CT2 Capacidade de organización, planificación e utilización do tempo e de autocontrol ante situacións de presión
  CT3 Uso de linguas estranxeiras nas actividades das diferentes materias
  CT4 Habilidade para a resolución independente de problemas en relación con información cualitativa e cuantitativa
  CT5 Capacidade para a toma de decisións autónoma e independente
  CT6 Habilidades nas relacións interpersoais (lealdade, actitudes e condutas positivas, etc.) que favorezan a eficacia interpersoal
  CT7 Motivación pola calidade e a mellora continua e a innovación
  CT8 Capacidade para o traballo cooperativo en equipo/grupo e aberto a diferentes puntos de vista e opinións
  CT9 Capacidade para o razoamento crítico creativo e o autocrítico
  CT10 Capacidade de liderado (disposición a asumir responsabilidades) e de delegación de responsabilidades no manexo de grupos de traballo
  CT11 Vocación de servizo público e compromiso ético
  CT12 Capacidade de iniciativa e espírito emprendedor
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000