Guia docente 2020_21
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Dirección e Xestión Pública
 Materias
  Participación política e sociedade civil
   Competencias
Código Descrición
CB2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado.
CB5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CG1 Habilidades na procura de información, en relación con fontes de información primarias e secundarias, incluíndo o uso de computadores para procuras en liña
CG2 Capacidade de analizar, sintetizar e integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos con información limitada
CG3 Capacidade de escoita, de lectura comprensiva e habilidades de comunicación oral e escrita
CG13 Compromiso cos Dereitos humanos, a igualdade, a xustiza e o desenvolvemento sustentable.
CE40 Comprender o funcionamento das democracias contemporáneas, o comportamento político e as súas ""culturas políticas""
CT1 Capacidade de análise e síntese para a elaboración e defensa de argumentos
CT4 Habilidade para a resolución independente de problemas en relación con información cualitativa e cuantitativa
CT8 Capacidade para o traballo cooperativo en equipo/grupo e aberto a diferentes puntos de vista e opinións
CT9 Capacidade para o razoamento crítico creativo e o autocrítico
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000