Guia docente 2017_18
Facultad de CC. Sociales y de la Comunicación
Grao en Dirección e Xestión Pública
 Materias
  Financiamento autonómico e local
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Nas sesións interactivas presenciais de grupos reducidos proponse a realización de distintas actividades: casos prácticos, exposición oral dun tema, presentación escrita dun traballo, tarea colaborativa, etc. Estas actividades só serán avaliadas para as/os alumnas/os que se someta á avaliación continua. Ademáis, valorarase especialmente a participación activa do alumnado. 20 A1
A2
A3
A4
A5
B2
B3
B5
C21
C39
D1
D2
D5
D8
D9
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Proba final que consta de dúas partes: unha práctica escrita (na que o alumnado terá que demostrar a adquisición das competencias esenciais da materia) e unha teórica oral (na que se formularán distintas preguntas sobre o temario da materia). 60 A1
A2
A3
A4
A5
B2
B3
B5
C21
C39
D1
D2
D5
D8
D9
Probas de tipo test Probas para a avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas cerradas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...) O alumnado selecciona unha resposta entre un número limitado de posibilidades. 20 A1
A2
A3
A4
A5
B2
B3
B5
C21
C39
D1
D2
D5
D8
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
O temario que figura no apartado de contidos
constitúe unha versión resumida das leccións que serán
obxecto de exame. Oportunamente, a comezo do curso académico, proporcionaráselle
ao alumnado un temario máis detallado cos epígrafes que
conforman cada lección.

Primeira oportunidade de exame:
1.-

Os alumnos que se someten a avaliación continua serán avaliados
conforme aos criterios que se indicaron máis arriba: proba final
(60%), probas de resposta curta ou test (20%) e seminarios (20%). Na
proba final, o exame de teoría e oral suporá o 80% e o práctico,
por escrito, suporá un 20%. En todo caso, o alumnado deberá alcanzar
unha cualificación mínima de 4 sobre 10 na proba final para que se lle
teñan en conta as cualificacións obtidas mediante o sistema de
avaliación
continua. Os alumnos/as que se someten a avaliación
continua teñen a posibilidade de optar, no prazo establecido pola
docente, pola realización da proba final teórica de modo escrito.
Para iso deberán incluír o seu nome na listaxe que se lles facilitará
semanas antes da data de realización da proba final. Recibiranse
indicacións ao respecto a través da plataforma FAITIC. Para
ser avaliado de forma continua é necesaria a asistencia as
clases teóricas e prácticas con regularidade (en ningún caso a
inasistencia a clase poderá ser superior ao 10% das horas de docencia)
2.-
Alumnos que NON se someten a avaliación continua, ou que queden
excluídos do devandito sistema: a súa cualificación estará integrada polo 70%
da cualificación obtida no exame teórico oral e o 30% da
cualificación obtida no exame práctico escrito, sendo este último
diferente ao que realicen os alumnos de avaliación continua. Estes alumnos
teñen a posibilidade de optar, no prazo
establecido pola docente, pola realización da proba final
teórica de modo
escrito. Para iso deberán incluír o seu nome na listaxe que se lles
facilitará
semanas antes da data de realización da proba final. Recibiranse
indicacións ao respecto a través da plataforma FAITIC.

Segunda oportunidade de exame:

1.-
No exame de xuño/xullo só realizarase unha proba final, que
constará de duas partes: unha práctica escrita (na que se resolverán
un ou varios casos prácticos) e unha teórica oral (na que se formularán
distintas preguntas sobre o temario da materia).
2.- O alumnado que se someteu ao sistema de avaliación continua conservará a nota que obtivo no curso.
3.-
Para os alumnos que non se someten a avaliación continua ou que queden
excluídos do devandito sistema: a súa cualificación estará integrada polo 70%
da cualificación obtida no exame teórico oral e o 30% da
cualificación obtida no exame práctico escrito, sendo este último
diferente ao que realicen os alumnos de avaliación continua.
4.- Aos
alumnos que se someteron ao sistema de avaliación continua e non
superasen a proba final nin na primeira oportunidade de exame nin
na segunda, conservaráselles a nota obtida a través de devandito sistema
durante curso académico seguinte, sempre que o alumno manifeste
o seu acordo.

CONVOCATORIA FIN DE CARREIRA

O
exame da convocatoria de Fin de carreira será unha proba
teórico-práctica escritura, cuxa cualificación será o 100% da nota.
A cualificación estará integrada polo 70% da cualificación obtida
no exame teórico e o 30% da cualificación obtida no exame
práctico. Non se terá en conta en ningún caso a avaliación continua
do ano anterior.

METODOLOXÍA E AVALIACIÓN DA MODALIDADE SEMIPRESENCIAL 


NORMAS BÁSICAS DE SEMIPRESENCIALIDADE:

Art. 6 do Regulamento da Modalidade Semipresencial:
Avaliación. 

















Na guía docente da
materia, deberá estar claramente especificado o tipo de avaliación e a súa
puntuación. No cronograma da materia deberán estar sinaladas as
datas nas que deben estar realizadas e entregadas as probas e/ou a data
da proba final no caso de establecerse. O profesorado procurará, na
medida do posible, que a avaliación da materia se realice na
súa totalidade de maneira continua e virtual, sen proba final presencial. En todo
caso, é obrigatorio que a avaliación continua online supoña polo menos o 40%
da nota, e a proba final (que poderá esixirse na súa modalidade presencial)
supoña como máximo o 60% da nota total da materia. No caso de que
estea prevista a realización dunha proba final de maneira presencial, esta coincidirá
coa data e hora fixada no calendario do Centro (a mesma
data que para o alumnado da modalidade presencial)

"

Normas aplicables ao alumnado semipresencial:

1.- O alumnado
matriculado na modalidade semipresencial comprométese co equipo
docente a seguir un réxime de avaliación continua semipresencial, que
implica a participación presencial ou virtual nas actividades que o
profesorado deseñe para esa modalidade.
2.- A modalidade
semipresencial supón a avaliación continua da aprendizaxe do
alumnado. A tal fin establécese con carácter xeral, que a proba
final obrigatoria terá lugar de modo presencial na data e hora
establecidas no calendario de exames aprobado pola Xunta de Facultade,
supondo o 60% da nota global. Este exame final estará
integrado por unha proba teórico-oral e unha proba práctica escrita. O
40% restante corresponderase coa avaliación continua, que pode
realizarse ben a través de medios virtuais (empregando a plataforma FAITIC) ou ben asistindo ás sesións prácticas presenciais
distribuídas ao longo do cuadrimestre.
3.- O alumnado que non
participe en máis do 90% das actividades "de avaliación continua
semipresencial" propostas polo profesorado, será avaliado nun 100%
en función dos resultados obtidos na proba final
teórico-práctica (70% a parte teórica oral, e 30% a parte práctica
escrita)















 Art. 4 Regulamento da modalidade semipresencial:

"Material
docente: A docencia na modalidade semipresencial esixe que o estudantado
dispoña de materiais de estudo especificamente adaptados. Por este
motivo, entre as obrigas docentes está implícita a realización e posta a
disposición do alumnado por parte do profesorado, dos correspondentes
materiais, libros, guías de estudo, probas de autoavaliación, etc. Os
Departamentos velarán por que a calidade dos materiais elaborados sea
adecuada. En todo caso, será obriga do persoal docente suministrar a
seguinte información en cada asignatura tanto na guía docente como no
espazo da plataforma habilitada a tal efecto: a) a presentación da
asignatura indicando ademáis o horario e lugar das titorías presenciais,
e se as titorías online se realizarán no horario das titorías
presenciais. b) O cronograma da asignatura, onde se sinalen: as semanas
lectivas, os días onde poden asistir voluntariamente á clase práctica
presencial, e as datas de entrega de actividades/probas, incluida en
caso de existir, a data da proba final. c) Os materiais de estudo e/ou a
indicación da bibliografía básica para superar a asignatura. Estos
aspectos quedarán baixo a supervisión da Coordinación do Grao en
Dirección e Xestión Pública e a Coordinación dos diferentes Módulos do
Grao. d) As probas de avaliación continua (parcial ou total)"

 
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000