Guia docente 2017_18
Facultad de CC. Sociales y de la Comunicación
Grao en Dirección e Xestión Pública
 Materias
  Metodoloxía e técnicas de investigación social aplicadas ás administracións públicas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas O traballo desenvolvido co apoio do docente, en relación coas actividades requiridas e no prazo establecido, utilizarase na avaliación desta materia. 10 A3
B5
C28
D4
Probas de resposta curta Probas de avaliación das competencias adquiridas, que inclúen preguntas relativas aos contidos impartidos nas sesións maxistrais, nas sesións de resolución de problemas e nos seminarios. 60 A1
A2
A4
B5
C28
D4
Traballos e proxectos Tarefas que o alumnado debe desenvolver de forma autónoma, e que son obrigatorias para superar a materia. 30 A1
A3
A5
B1
B6
D4
D8
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

OBSERVACIÓNS XERAIS:

Agás no referente á docencia en inglés, esta materia divídese en dúas partes, de modo que cada unha delas terá un peso do 50% na nota final:

  • A primeira parte comprende os temas 1-3 e impartirase na primeira metade do cuatrimestre. Ao seu término, e co obxectivo de facer unha primeira avaliación parcial, poderase facer entrega dos exercicios de prácticas propostos, e realizar un control presencial dos contidos conceptuais e teóricos impartidos, nunha aula da Facultade de CCSS e da Comunicación.
  • A segunda parte abarca os temas 4-6 e impartirase na segunda metade do cuadrimestre.

Agás no referente á docencia en inglés, para aprobar esta materia na convocatoria de maio-xuño, terán que superarse de maneira independente cada unha das partes, segundo o baremo establecido para a avaliación. Nese caso, se se superan ambas as partes, a nota final será a media das mesmas.

Para a convocatoria de xullo e sucesivas, empregaranse os mesmos criterios que para a convocatoria de maio-xuño.

As cualificacións parciais, de habelas, só poderán manterse para a
convocotaria de xullo previa consulta co docente responsable.

As cualificacións parciais, de habelas, non se manterán para futuras convocatorias.

METODOLOXÍA E AVALIACIÓN DA DOCENCIA EN INGLÉS

A docencia en inglés seguirá unha metodoloxía e avaliación específica que estará explicada na páxina web da materia en FaiTIC.

METODOLOXÍA E AVALIACIÓN DA MODALIDADE SEMIPRESENCIAL

Cadro básico de metodoloxía e avaliación da materia:







































Proceso de ensino Horas Avaliación primeira parte Avaliación segunda parte
Aprendizaxe con apoio do titor Apoio docente 22 horas 0% 10%
Foros de dúbidas por temas (online) 18 horas 0%
Exame ou tarefas de avaliación 10 horas 60% 60%
Traballo autónomo do alumnado 100 horas 40% 30%
TOTAL 150 horas 100% 100%


Ler con atención e en caso de dúbida consultar cos profesores responsables da modalidade semipresencial: Xesús Lage (xalp@uvigo.es) e Juan Vidal (vidalpuga@uvigo.es).

NORMAS BÁSICAS DE SEMIPRESENCIALIDADE:

  1. O alumnado matriculado na modalidade semipresencial comprométese co equipo docente a seguir unha avaliación continua semipresencial, que implica a participación presencial ou virtual nas actividades que o profesorado deseñe para dita modalidade.
  2. A modalidade semipresencial establece a avaliación das dúas partes en que está dividida a materia de forma independente. A mediados do cuadrimestre realizarase unha primeira avaliación presencial voluntaria, nunha aula da Facultade de CCSS e da Comunicación, dos contidos impartidos, e farase entrega dos exercicios de prácticas propostos. De non acollerse a esa avaliación parcial da primeira parte da materia na data estipulada, o alumnado deberá asistir presencialmente na data, hora e aula fixada no calendario do Centro ao termo do curso. A segunda parte da materia será avaliada ao finalizar o curso, ben de forma presencial, nunha aula da Facultade de CCSS e da Comunicación, ben de forma virtual (videoconferencia ou similar).
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000