Guia docente 2017_18
Facultad de CC. Sociales y de la Comunicación
Grao en Dirección e Xestión Pública
 Materias
  Xestión tributaria
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Outros Nas clases prácticas presenciais proporase ao alumnado a realización de distintas actividades: casos prácticos, exposición oral dun tema, presentación escrita dun traballo, etc. Estas actividades só serán avaliadas para os alumnos que se sometan a avaliación continua. Ademais, valorarase especialmente a participación activa do alumno, tanto nas clases maxistrais como nas devanditas "clases prácticas". 20 A1
A2
A3
A4
A5
B2
B3
B5
C24
D1
D2
D5
D8
D9
Probas de resposta curta Realizaranse probas de resposta curta e tipo test exclusivamente aos alumnos que se sometan ao sistema de avaliación continua. 20 A1
A2
A3
A4
A5
B2
B3
B5
C24
D1
D2
D5
D8
D9
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Proba final que consta de dous partes: unha práctica escrita (na que o alumno terá que demostrar a adquisición das competencias esenciais da materia) e unha teórica oral (na que se formularán distintas preguntas sobre o temario da materia). 60 A1
A2
A3
A4
A5
B2
B3
B5
C24
D1
D2
D5
D8
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
O temario que figura no
apartado de contidos constitúe unha versión resumida das leccións que
serán obxecto de exame. Oportunamente, a comezo do curso académico,
proporcionaráselle ao alumno un temario máis detallado cos epígrafes que
conforman cada lección.

Primeira oportunidade de exame:
1.-
Os alumnos que se someten a avaliación continua serán avaliados
conforme aos criterios que se indicaron máis arriba: proba final (60%),
probas de resposta curta ou test (20%) e outros (20%). Na proba final, o
exame de teoría e oral suporá o 80% e o práctico, por escrito, suporá
un 20%. En todo caso, o alumno deberá alcanzar unha cualificación mínima
de 4 sobre 10 na proba final para que se lle teñan en conta as
cualificacións obtidas mediante o
sistema de avaliación continua. Os
alumnos que se someten a avaliación continua teñen a posibilidade de
optar, no prazo establecido pola docente, pola realización da proba
final teórica de modo escrito. Para iso deberán incluir o seu nome na
listaxe que se lles facilitará semanas antes da data de realización da
proba final. Recibiranse indicacións ao respecto a través da plataforma
FAITIC.
2.- Os alumnos que NON se someten a avaliación continua, ou
que queden excluídos do devandito sistema: a súa cualificación estará
integrada polo 80% da cualificación obtida no exame teórico oral e o 20%
da cualificación obtida no exame práctico escrito, sendo este último
diferente ao que realicen os alumnos de avaliación continua. Estes
alumnos

teñen
a posibilidade de optar, no prazo
establecido pola docente, pola realización da proba final teórica de
modo escrito. Para iso deberán incluir o seu nome na listaxe que se lles
facilitará semanas antes da data de realización da proba final.
Recibiranse indicacións ao respecto a través da plataforma FAITIC.


Segunda oportunidade de exame:

1.-
No exame de xullo só se realizará unha proba final, que constará de
duas partes: unha práctica escrita (na que se resolverán un ou varios
casos prácticos) e unha teórica oral (na que se formularán distintas
preguntas sobre o temario da materia).
2.- Os alumnos que se someteron ao sistema de avaliación continua conservarán a nota que obtivesen no curso.
3.-
Para os alumnos que non se someten a avaliación continua, ou que queden
excluídos do devandito sistema: a súa cualificación estará integrada
polo 80% da cualificación obtida no exame teórico oral e o 20% da
cualificación obtida no exame práctico escrito, sendo este último
diferente ao que realicen os alumnos de avaliación continua.
4.- Aos
alumnos que se someteron ao sistema de avaliación continua e non
superasen a proba final nin na primeira oportunidade de exame nin na
segunda conservaráselles a nota obtida a través de devandito sistema
durante o curso académico seguinte, sempre que o alumno manifeste o seu
acordo.

CONVOCATORIA FIN DE CARREIRA
O exame da
convocatoria de Fin de carreira será unha proba teórico-práctica
escrita, cuxa cualificación será o 100% da nota. A cualificación estará
integrada polo 80% da cualificación obtida no exame teórico e o 20% da
cualificación obtida no exame práctico. Non se terá en conta en ningún
caso a avaliación continua do ano anterior.


METODOLOXÍA E AVALIACIÓN DA MODALIDADE 
SEMIPRESENCIAL


NORMAS BÁSICAS DE SEMIPRESENCIALIDADE: 
1. O alumnado matriculado na modalidade semipresencial se compromete co equipo docente a seguir un réxime de 
"avaliación
continua semipresencial", que implica a participación presencial ou
virtual nas actividades que o profesorado deseñe para a dita
modalidade. 
2. A modalidade semipresencial supón a
avaliación continua da aprendizaxe do alumnado. A tal fin establécese
con carácter xeral, que a proba final obratoria terá lugar de modo
presencial na data e hora establecidas no calendario de exames aprobado
pola Xunta de Facultade, supoñendo o 60% da nota global. Este exame
final estará integrado por unha proba teórico-oral e unha proba práctica
escrita. O 40% restante corresponderase coa avaliación continua, que
pode realizarse ben a través de medios virtuais (empregando a plataforma
FAITIC) ou ben asistindo ás sesións prácticas presenciais distribuidas
ao longo do cuatrimestre. 
3. O alumnado que non participe en máis do 80% das actividades “de avaliación continua semipresencial” propostas 
polo profesorado, será avaliado nun 100% en función dos resultados obtidos na proba final teórico-práctica.
 

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000