Guia docente 2018_19
Facultad de CC. Sociales y de la Comunicación
Grao en Dirección e Xestión Pública
 Materias
  Xestión de recursos humanos II: Organización e xestión do emprego público
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos de aula Avaliarase a participación e a realización dos traballos propostos no aula de forma individual e/ou en grupo 20 A2
A5
B2
B5
B9
B10
C18
D2
D6
D8
Probas de resposta curta Trátase dunha proba a final de curso orientada á aplicación dos conceptos desenvolvidos na materia 60 A5
C18
Outras Avaliarase a participación e a realización dos traballos prácticos propostos de forma individual e/ou en grupo. 20 A5
B2
B5
B9
B10
C18
D2
D6
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN SEGUNDO O REGLAMENTO DE MODALIDADE SEMIPRESENCIAL

"Art.6.-Avaliación. Na guía docente da materia, deberá estar claramente especificado o tipo de avaliación e a súa puntuación. No cronograma da materia deberán estar sinaladas as datas nas que deben estar realizadas e entregadas as probas e/ou a data da proba final no caso de establecerse. O profesorado procurará, na medida do posible, que a avaliación da materia se realice na súa totalidade de maneira continua e virtual, sen proba final presencial. En todo caso, é obrigatorio que a avaliación continua online supoña polo menos o 40% da nota, e a proba final (que poderá esixirse na súa modalidade presencial) supoña como máximo o 60% da nota total da materia. No caso de que estea prevista a realización dunha proba final de maneira presencial, esta coincidirá coa data e hora fixada no calendario do Centro (a mesma data que para o alumnado da modalidade presencial)"

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE XULLO

Para superar esta materia na convocatoria extraordinaria de xullo, os e as estudantes deberán realizar un exame final. O valor do exame será de 10 puntos, aínda que se poderá ter en conta o traballo realizado polo alumnado na avaliación continua.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000