Guia docente 2019_20
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Dirección e Xestión Pública
 Materias
  Xestión de recursos humanos II: Organización e xestión do emprego público
   Competencias
Código Descrición Tipoloxía
CB2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
  • saber
  • saber facer
CB5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
  • Saber estar / ser
CG2 Capacidade de analizar, sintetizar e integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos con información limitada
  • saber
CG5 Ser capaz de interpretar datos derivados das observacións en relación coa súa significación e relacionalos coas teorías apropiadas no ámbito da dirección e xestión pública
  • saber
  • saber facer
CG9 Ser capaz de recoñecer e implementar boas prácticas derivadas de procesos e accións como base para a innovación e a creatividade
  • saber facer
  • Saber estar / ser
CG10 Compromiso coa eficacia e a eficiencia do traballo do sector público e outras entidades
  • saber facer
  • Saber estar / ser
CE18 Identificar os problemas da xestión de recursos humanos en organizacións (públicas e privadas) para experimentar con solucións transversais
  • saber
  • saber facer
CT2 Capacidade de organización, planificación e utilización do tempo e de autocontrol ante situacións de presión
  • Saber estar / ser
CT6 Habilidades nas relacións interpersoais (lealdade, actitudes e condutas positivas, etc.) que favorezan a eficacia interpersoal
  • Saber estar / ser
CT8 Capacidade para o traballo cooperativo en equipo/grupo e aberto a diferentes puntos de vista e opinións
  • Saber estar / ser
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000