Código |
Descrición |
A1 |
Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
A2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
A3 |
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
A4 |
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado. |
A5 |
Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
B2 |
Capacidade de analizar, sintetizar e integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos con información limitada |
B7 |
Capacidade para a xestión de conflitos interpersoais e inclinación cara á mediación e a negociación |
B11 |
Compromiso co respecto persoal na contorna laboral público e privado |
B13 |
Compromiso cos Dereitos humanos, a igualdade, a xustiza e o desenvolvemento sustentable. |
C13 |
Aproximarse ao marco normativo das relacións laborais e da Seguridade Social |
D1 |
Capacidade de análise e síntese para a elaboración e defensa de argumentos |
D5 |
Capacidade para a toma de decisións autónoma e independente |
D10 |
Capacidade de liderado (disposición a asumir responsabilidades) e de delegación de responsabilidades no manexo de grupos de traballo |
D12 |
Capacidade de iniciativa e espírito emprendedor |