Guia docente 2017_18
Facultad de CC. Sociales y de la Comunicación
Grao en Dirección e Xestión Pública
 Materias
  Ciencia política II: Fundamentos de ciencia da administración
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2017_18
Materia Ciencia política II: Fundamentos de ciencia da administración Código P04G091V01105
Titulación
Grao en Dirección e Xestión Pública
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 FB 1 1c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía, ciencia política e da administración e filosofía
Coordinador/a
Varela Álvarez, Enrique José
Correo-e evalvarez@uvigo.es
Profesorado
Varela Álvarez, Enrique José
Web http://http://webdepx11.webs.uvigo.es/index.php/gl/component/content/article/48.html
Descrición xeral A ciencia da administración é un enfoque de análise da realidade
administrativa e institucional que se integra dentro das ciencias da política ou ciencias políticas. Como subenfoque desta, oriéntase cara ao estudo das institucións administrativas como reguladoras
do conflito social, do que formarían parte o resto de actores das sociedades contemporáneas, como son o sector empresarial, o terceiro sector, os partidos
políticos e sindicatos etc. De aí a importancia de estudar desde a ciencia da administración o
conxunto das administracións públicas que operan nos sistemas político-administrativos de benestar, ao achegar luz sobre os sistemas de articulación administrativa do poder público, así como o persoal que nelas traballan, e as
políticas e programas que producen para o conxunto da sociedade.
Sen a competencia que achega a ciencia da administración, antóllase difícil coñecer o conxunto de obxectivos das organizacións públicas multinivel que
operan en Europa, España e Galicia, ademais das definicións de interese
xeral que realizan cada unha delas, tamén das súas normas de
comportamento (legais e alegais), e a lóxica de subordinación ao poder
político.
Entre os contidos básicos que recolle a materia, podemos encontrar nos seguintes módulos:
1. As administracións públicas contemporáneas como obxecto de estudo.
2. A introdución aos sistemas administrativos comparados.
3. A evolución das administracións públicas no medio multinivel e
intergobernamental: Unión Europea, España e Galicia.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000