Guia docente 2017_18
Facultad de CC. Sociales y de la Comunicación
Grao en Dirección e Xestión Pública
 Materias
  Dereito: Dereito administrativo I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Nos "Seminarios" das clases presenciais tamén se proporá ao
alumnado a realización de distintas actividades: casos prácticos,
exposición oral dun tema, presentación escrita dun traballo, tarefa colaborativa na aula, etc. Estas actividades só serán avaliadas para os/as alumnos/as que se sometan a avaliación continua. Nestes Semianrios valorarase a participación activa dos estudantes, é dicir, a asistencia máis a participación de calidade. A mera asistencia non se valora.
30 A1
A3
A4
A5
B1
D1
Titoría en grupo Asistencia e participación activa con criterios/argumentos fundados. A mera asistencia non se valora. Se non se puidesen realizar titorías en grupo, esta porcentaxe de avaliación acrecería ao das actividades específicas desenvolvidas nos seminarios. 5 A1
A3
A5
B1
B2
D1
Lección maxistral Durante as clases maxistrais, ao fío das explicacións, exporanse aos
estudantes preguntas ou supostos de feito para que o alumno desenvolver razoamentos ou deducións relacionados coa materia que se explica. Neste sentido avaliarase a asistencia activa do estudante nas clases maxistrais, é dicir, a asistencia máis a participación de activa calidade no seguimento das leccións da forma activa indicada. A mera asistencia non se valora. Se non se plantexasen preguntas nas sesións maxistrais, esta porcentaxe de avaliación acrecería ao das actividades específicas desenvolvidas nos seminarios.
5 A1
A3
B3
C1
Resolución de problemas e/ou exercicios O estudante terá que responder varias preguntas (de corte teórico e/ou práctico), para as que o profesor poderá, en caso de estimalo
conveniente, permitir a utilización de textos legais.
30 A1
A2
B2
D4
Probas de resposta curta O estudante terá que responder varias preguntas (de corte teórico e/ou práctico), para as que o profesor poderá, en caso de estimalo
conveniente, permitir a utilización de textos legais.
30 A1
A2
A3
A4
B2
B3
C1
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

ACLARACIÓN PARA A PRESENCIALIDADE:

A nota acadada en avaliación
continua terá un peso do 40% na cualificación global, correspondéndose a
nota alcanzada no exame final co 60% da cualificación global. Para
poder presentarse ao exame final e que se respecte a nota da avaliación
continua será imprescindible que o estudante acade un aprobado nas
probas das que conste a avaliación continua. Se non se cumprise ese
requisito, o estudante deberá facer a proba final na modalidade que se
indica ao final deste apartado. Para que a nota da avaliación continua
se poida sumar á nota do exame final será preciso que o alumno alcance un
aprobado neste último.

NORMAS BÁSICAS DE SEMIPRESENCIALIDADE. METODOLOXÍA E AVALIACIÓN DA MODALIDADE SEMIPRESENCIAL.

1.
O alumnado matriculado na modalidade semipresencial comprométese co
equipo docente a seguir un réxime de avaliación continua  semipresencial
que implica a participación presencial ou virtual nas  actividades que o
profesorado deseñe para dita modalidade.

2. A modalidade semipresencial supón a avaliación continua da aprendizaxe do alumnado.
Realizaranse 6 probas entregables en liña a través da plataforma
FAITIC. Todas terán o mesmo valor e no seu conxunto representan o 40% da
nota final.

3. O alumnado que non participe en máis do 80% das
actividades “de avaliación continua semipresencial propostas polo
profesorado, será avaliado segundo os criterios que estableza o equipo
docente en cada materia.

4. Os estudantes de semipresencialidade
terán que facer unha proba final escrita que representa o 60% da nota
final. Dita proba final será presencial, e coincidirá coa data e hora
fixada no calendario do Centro para o exame oficial previsto para os
estudantes de presencialidad.

ACLARACIÓN COMÚN Á PRESENCIALIDADE E Á SEMIPRESENCIALIDADE

Os
estudantes que non superasen a avaliación continua ben na modalidade
presencial ou na semipresencial, poderán realizar o exame final pero
deberán superar unha parte específica na que se avaliarán as
competencias traballadas na avaliación continua que non teñen superada.

As cualificacións obtidas na avaliación continua manteranse na segunda convocatoria do curso académico.

Para superar a materia é preciso obter un aprobado entre o exame final e a avaliación continua. A cualificación máxima que pode
obterse no exame final será de 6, sumándose a puntuación obtida no devandito exame á que correspondese na avaliación continua. Para que esta suma teña lugar será requisito imprescindible obter un mínimo de 3 sobre 6 no exame final.

En todas as convocatorias o exame final poderá consistir en probas prácticas (resolución de casos prácticos), e/ou probas de resposta curta. Este tipo de probas de resposta curta poderá consistir, no seu caso, no desenvolvemento da explicación dunha materia de forma pormenorizada. O que non se pedirá ao alumnado é o desenvolvemento total e méramente teórico dos contidos dun tema completo do programa.

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade e publicadas na Web da Facultade

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000