ACLARACIÓN PARA A PRESENCIALIDADE: A nota acadada en avaliación
continua terá un peso do 40% na cualificación global, correspondéndose a
nota alcanzada no exame final co 60% da cualificación global. Para
poder presentarse ao exame final e que se respecte a nota da avaliación
continua será imprescindible que o estudante alcance un aprobado nas
probas das que conste a avaliación continua. Se non se cumprise ese
requisito, o estudante deberá facer a proba final na modalidade que se
indica ao final deste apartado. Para que a nota da avaliación continua
sómese á nota do exame final será preciso que o alumno alcance un
aprobado neste último. NORMAS BÁSICAS DE SEMIPRESENCIALIDADE. METODOLOXÍA E AVALIACIÓN DA MODALIDADE SEMIPRESENCIAL. 1.
O alumnado matriculado na modalidade semipresencial comprométese co
equipo docente a seguir un réxime de avaliación continua semipresencial
que implica a participación presencial ou virtual nas actividades que o
profesorado deseñe para dita modalidade. 2. A modalidade semipresencial supón a avaliación continua da aprendizaxe do alumnado. O
Realizaranse 6 probas entregables en liña a través da plataforma
FAITIC. Todas terán o mesmo valor e no seu conxunto representan o 40% da
nota final. 3. O alumnado que non participe en máis do 80% das
actividades “de avaliación continua semipresencial propostas polo
profesorado, será avaliado segundo os criterios que estableza o equipo
docente en cada materia. 4. Os estudantes de semipresencialidade
terán que facer unha proba final escrita que representa o 60% da nota
final. Dita proba final será presencial, e coincidirá coa data e hora
fixada no calendario do Centro para o exame oficial previsto para os
estudantes de presencialidad. ACLARACIÓN COMÚN Á PRESENCIALIDADE E Á SEMIPRESENCIALIDADE Os
estudantes que non superasen a avaliación continua ben na modalidade
presencial ou na semipresencial, poderán realizar o exame final pero
deberán superar unha parte específica na que se avaliarán as
competencias traballadas na avaliación continua que non teñen superada. |