Guia docente 2016_17
Facultad de CC. Sociales y de la Comunicación
Grado en Dirección y Gestión Pública
 Presentación

(*)

O Grao en Dirección e Xestión Pública (avaliado positivamente pola ANECA con data de 1 de xullo 2009), encadrado no ámbito xurídico-social, consta de 240 ECTS que o alumno/a poderá cursar durante 4 anos. A base dos estudos da titulación é multidisciplinar, combinando as seguintes áreas de coñecemento: Ciencia Política e da Administación, Economía, Dereito público, Informática, Mercadotecnia, Socioloxía, Contabilidade, Estatística e Teoría da Organización. Está orientada cara a dirección e xestión das organizacións públicas e daquelas organizacións privadas cunha relación estreita coa Administración Pública.  
As saídas profesionais do Grao en Dirección e Xestión Pública atópanse no ámbito público –Administracións Públicas estatais,
autonómicas e locais-, ben de xeito directo (funcionario ou persoal laboral, previa superación das probas oportunas), ben de xeito indirecto como técnicos de servizos para estas administracións ou outras organizacións tales como mancomunidades, comarcas ou consorcios. Tamén no ámbito privado o graduado en Dirección e Xestión Pública pode acceder a postos de traballo en empresas (xestorías administrativas, asesorías, consultorías) en ONGs ou en fundacións.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000