(*) O Grao en Dirección e Xestión Pública
(avaliado positivamente pola ANECA con data de 1 de xullo 2009),
encadrado no ámbito xurídico-social, consta de 240 ECTS que o alumno/a poderá cursar durante 4 anos. A base dos estudos da titulación
é multidisciplinar, combinando as seguintes áreas de coñecemento:
Ciencia Política e da Administación, Economía, Dereito público, Informática,
Mercadotecnia, Socioloxía, Contabilidade, Estatística e Teoría da
Organización. Está orientada cara a dirección e xestión das
organizacións públicas e daquelas organizacións privadas cunha relación
estreita coa Administración Pública. As saídas profesionais do Grao en Dirección e Xestión Pública atópanse no ámbito público –Administracións Públicas estatais, autonómicas
e locais-, ben de xeito directo (funcionario ou persoal laboral, previa
superación das probas oportunas), ben de xeito indirecto como técnicos
de servizos para estas administracións ou outras organizacións tales
como mancomunidades, comarcas ou consorcios. Tamén no ámbito privado o
graduado en Dirección e Xestión Pública pode acceder a postos de
traballo en empresas (xestorías administrativas, asesorías, consultorías) en ONGs ou en
fundacións.
|