Guia docente 2015_16
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Dirección e Xestión Pública
 Materias
  Novas tecnoloxías aplicadas á xestión pública
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Resolución de problemas e/ou exercicios Nesta actividade formularánse problemas e/ou exercicios relacionados coa asinatura. O alumno deberá desenvolver as solucións axeitadas ou correctas mediante a exercitación de rutinas, a aplicación de fórmulas ou algoritmos, a aplicación de procedementos de modelado da información dispoñible e a interpretación dos resultados. Solese utilizar como complemento á sesión maxistral.
Prácticas de laboratorio O alumno disporá de unha serie de exercicios para descargar e entregar no espacio virtual da materia. Estes exercicios deberán entregarse no formato indicado dentro do prazo pre-establecido.
Presentacións/exposicións Os integrantes dos grupos realizarán unha presentación do traballo do grupos empregando un proxector e un documento de presentación (ppt, pptx, etc) ou similar que se presentará no formato que indiquen os profesores. Todos os integrantes deberán estar preparados para facer a presentación no tempo e forma indicados.
Traballos tutelados O alumno fará tres traballos en grupos de ata 3 integrantes, que se terá que entregar no tempo e forma indicados no exercicio apropiado do espacio virtual da asinatura. Un compoñente do grupo escollido polo profesor fara unha presentación do traballo do grupo empregando un proxector e un documento odp, pps ou similar que terá sido subido ó exercicio apropiado no espacio virtual da asinatura dentro do tempo e forma indicados.
Sesión maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto do estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudiante.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000