O obxectivo desta asinatura é aproximar ao alumnado á teoría e metodoloxía da elaboración, implementación e avaliación dos procesos documentais administrativos no seu conxunto, e por outra, que se familiarice con as ferramentas que as TIC poñen o dispor dos profesionais para aumentar a eficiencia da xestión e a toma de decisións.
O obxectivo é, tamén, o de proporcionar ós futuros xestores e administradores as ferramentas e os coñecementos apropiados para saber resolver, na práctica profesional, os problemas relacionados co uso das novas tecnoloxías e lograr ademais un eficaz aproveitamento das posibilidades que estas ofrecen. As competencias básicas adquiridas serán de gran utilidade ós alumnos, tanto para os seus estudos universitarios, como para o seu futuro exercicio profesional.